O Grupo de Participación de mocidade de EAPN Galicia acudiu o 21 de outubro o Encontro Estatal de Diálogo Estruturado, no marco do programa de EAPN España: JovEU: Motor de transformación social en Europa.
Máis de 150 persoas, entre mozas, representantes de institucións públicas a nivel europeo, nacional, autonómico e local e de organizacións sociais, déronse cita en Madrid para debater sobre os temas que máis preocupan á mocidade.
Pese que, segundo esta enquisa, o95% das persoas marcaban como principal motivo de preocupación da mocidade galega o Emprego; a vivenda, formación e o ocio deben ser tamén eixes centrais nas políticas dirixidas a xuventude española.
A importancia de que o Estado promova unha mocidade participativa, no que o emprego, a educación, a vivenda, e o ocio poda chegar a todos e todas, foi o foco de atención da mesa de diálogo no Encontro, conformada polos principais axentes sociais e políticos neste ámbito.
Nos talleres específicos sobre Emprego, nos que o Grupo de Participación da Mocidade de EAPN Galicia ten elaborado un informe específico que se presentará no vindeiro Foro Galego de Loita contra a pobreza e terceiro sector, priorizáronse 5 medidas urxentes e imprescindibles para comezar a ter éxito nas políticas contra o desemprego xuvenil.
Colaboración das entidades e a administración con empresas que favorezan a contratación de mozas. Participación xuvenil no proceso, limitar bonificacións a quen paga salarios por encima do mínimo do sector para evitar precariedade e para financiar formación a traballadores para postos de traballo, antes e durante.
Acompañamento personalizado nos itinerarios de inserción sociolaboral: menos cociente de persoas por profesionais de ámbito sociolaboral en administración e ONG, redución drástica de burocracia e evitar a deshumanizacion do proceso (atención estable de profesionais, tempo de calidade) e un sistema integrado de orientación laboral e servizos sociais, non cada un polo seu lado. Un único profesional (ou equipo) tanto en ONG como na administración.
Xerar espazos de autoaxuda e traballo en equipo: Lanzadeiras de emprego, formación adaptada a necesidades laborais, saídas educativas, etc. temas complexos a mais básicos (facer currículos), oficinas de emprego (soas ou con axuda ONG) convocar a reunións con empresarios.
Adecuar o acceso ao mediocre Sistema de Garantía Xuvenil a mozas con menos posibilidades: Eliminar criterios absurdos (poder compaxinar con formación ou empregos temporais, financiar pequenos gastos ou formacións como carné de conducir), difusión masiva pero adaptada a medios de comunicación que usan os mozos e redes sociais e asegurar coordinación, compartir bases de datos, máxima transparencia (mozos en sistema, accións formación ou orientación, contratacións) dentro do Ministerio (INEM e SGJ) e con CCAA.
Cumprir coa cota de reserva de postos de traballo en empresa e administración publica tanto para persoas con discapacidade como para calquera persoa en risco de exclusión social: triplicar multas en caso de incumprimento, animar ás ONG para denunciar á autoridade laboral inclumpimientos.
En todas estas demandas, os mozos participantes apuntaron como dificultades comúns aspectos como a corrupción ou o escaso interese político, a burocracia extrema e o desencanto e desinterese xuvenil
A través deste proxecto, EAPN España, pretende que esas propostas cheguen as institucións públicas, servindo de altofalantes das voces da mocidade.
Comparte!A modificación da Lei 9/2007 de subvencións habilita expresamente aos concellos para xestionar prestacións económicas de carácter asistencial -axudas municipais de emerxencia social- sen ter que someterse ao réxime xeral da lei de subvencións. Nun oficio remitido dende a Consellería de Política Social aos concellos galegos, se informa que no seu artigo 29, a…
Comparte!A nova Lei inclúe demandas de EAPN Galicia sobre a loita contra a pobreza en familias con nenos e nenas, en especial as monoparentais, ou a soedade non desexada, educación de 0 a 3 anos, acollida de inmigrantes ou refuxiadas, impulso ao transporte regular e comercio de proximidade no rural ou mesmo a implicación das…
Comparte!O estudo xurde trala preocupación polas múltiples denuncias de todo tipo de abusos que expresan persoas en pobreza ou exclusión social. Identificar aquelas entidades bancarias que están aplicando comisións indebidas a persoas perceptoras de rendas minimas ou pensións e incumplindo a normativa contra a exclusión financieira ou analizar a perda de servizos nas zonas rurais…
Comparte!EAPN está a realizar un proceso de investigación e participación para afrontar a desigualdade territorial no acceso a dereitos como a vivenda e o emprego, así como para loitar de xeito eficaz contra a pobreza e a exclusión social. O 4 de decembro, nunha xornada participaron máis de 80 entidades ou persoas vinculadas ao medio…
Comparte!EAPN Galicia participa na Comisión de Reactivación Económica, Social e Cultural no Parlamento de Galicia incidindo en que o investimento en vivenda digna e accesible é a obra pública que debería ser prioritaria nos capítulos 6 e 7 dos vindeiros orzamentos en Xunta, concellos e deputacións. A COVID-19 trouxo un agravamento notable da situación das…
Comparte!Se es unha persoa relacionada co medio rural, precisamos a túa participación nesta consulta online. En especial se tes relación cos eidos de pobreza e exclusión social, vivenda e emprego Os resultados da mesma serán a base da estratexia de incidencia política cos departamentos implicados na Xunta de Galicia, así como en concellos e deputacións….
Comparte!O 27 de novembro EAPN Galicia celebrou unha xornada dirixida a futuras profesionais do eido social onde puideron formular propostas nos eidos de vivenda, emprego, cultura e ocio e educación A xornada contou cun obradoiro de ferramentas sobre cómo incidir políticamente e na sociedade para o cambio social. Futuras e novas profesionais do social (traballo,…
Comparte!REAS Galicia e EAPN colaboraron neste evento de interese para calquera organización de acción social ou cooperación que tivo lugar o 27 de outubro de 10:00 a 11:50 en Zoom e Facebook Micropresentacións das entidades da economía social que poden prestar servizos ás ONG. O martes 27 de outubro, de 10:00h a 11:50h, tivo lugar…
Comparte!O Parlamento de Galicia racha de xeito rotundo coa crispación política en España e aproba por unanimidade unha Declaración Institucional comprometéndose a ‘seguir avanzando na loita contra a pobreza e contra o interesado discurso do odio e a ‘desinformación e visións distorsionadas das persoas en exclusión social’ A Declaración, promovida por EAPN Galicia, advirte que…
Comparte!O informe ‘Estado da pobreza en Galicia 2020’ revela que 655.000 persoas, o 24,3% da poboación galega estaban en situación de pobreza ou exclusión social (AROPE) no 2019, 32.698 máis que o ano anterior. A recuperación económica nin o emprego decente chegou á maioría das persoas que se atopaban en pobreza ou exclusión. No último…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario