A pandemia aumenta a fenda da pobreza entre homes e mulleres #8MContralaPobreza

0 490
Comparte!
No 2021 a Xunta de Galicia debe por en marcha do Plan de Choque contra a pobreza en familias Monoparentais, tal e como establece a recente Lei de Impulso Demográfico e a Estratexia Galega contra a violencia machista, en especial a máis extrema (prostitución, trata, senfogarismo).

No Día Internacional polos dereitos das Mulleres, a Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN Galicia), que reúne ás organizacións do Terceiro Sector de Acción Social comprometidas coa prevención e erradicación da pobreza e a exclusión, quere explicitar con claridade que:

O contexto de crise socioeconómica e sanitaria xerado ao redor da COVID-19, está a evidenciar a fraxilidade dos dereitos alcanzados polas mulleres e a desigualdade que xa existía, sostida por un sistema social, político e económico que trata de xeito diferencial a homes e mulleres.

As mulleres presentan un maior risco de contraer o virus debido a que representan unha porcentaxe desproporcionadamente elevado das persoas que traballan en primeira liña de sectores esenciais na crise actual, tal e como reflectiu o Parlamento Europeo.

A pesar de que aínda non contamos con todos os datos necesarios para medir o impacto real da COVID-19 nas mulleres, todo apunta que a situación de desigualdade da que partíamos agudizouse: o desemprego aumentou considerablemente, seguen asumindo a maior parte da responsabilidade do coidado da familia, seguen gañando e aforrando menos e tendo traballos moito menos seguros, cun maior impacto da fiscalidade nas mulleres no que os impostos teñen unha maior repercusión debido aos salarios más baixos.

Ademais, os traballos altamente feminizados son os que máis exposición ao virus experimentan, como a atención de cara ao público, o persoal sanitario (16,8%) e as mulleres que coidan a persoas dependentes no domicilio (16,3%).

Medir canto antes o impacto real desta crise no eido dos coidados

Esta situación visibilizou a enorme vulnerabilidade do noso sistema nun aspecto esencial: os coidados. Estes atópanse principalmente en mans das mulleres e están invisibilizados, precarizados e infravalorados. Evidenciouse que faltan medidas de protección e de corresponsabilidade
Desde EAPN Galicia subliñamos a necesidade de que se mida o impacto real desta crise no eido dos coidados, así como o impacto global da pandemia nas mulleres.

Neste contexto: Que perspectivas de futuro teñen as mulleres en situación de pobreza e exclusión a día de hoxe? Esas mulleres que non puideron incorporarse ao mercado laboral, que sofren o desemprego e a precariedade, e que, sen medidas adaptadas e específicas, quedan relegadas ao espazo patriarcal dos coidados e o fogar.

É moi importante engadir unha mirada interseccional, entendendo que as mulleres non son un grupo homoxéneo e que non están igualmente posicionadas nas estruturas sociais, senón que existen outros factores, como a clase, a etnia, o lugar de procedencia, a orientación sexual, a idade ou a discapacidade, etc. que condicionan e inflúen nas situacións de discriminación e violencia que se exercen contra elas.

Tampouco nos esquecemos da violencia de xénero, as situacións máis extremas de violencia, nas cales o confinamento supuxo un cativerio para moitas mulleres, outra “pandemia invisible” que nalgúns casos supuxo unha ameaza contra as súas vidas.

Ante esta situación, non hai cabida para o cuestionamento dunha realidade que como Rede Europea de Loita contra a Pobreza coñecemos moi de preto. Por iso, reivindicamos que as autoridades realicen unha serie de accións:

  • A elaboración dun informe do impacto da Covid-19 nas mulleres analizando as distintas circunstancias de interseccionalidad que inflúen directamente nesa desigualdade e nas limitacións de acceso a dereitos.
  • A implementación dos fondos europeos para a reconstrución con perspectiva de xénero, poñendo o foco nas mulleres que sufriron a crise humanitaria provocada pola pandemia.
  • A implementación de medidas concretas en materia de protección e corrección das desigualdades.
  • Cumprimento do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible Nº 5, poñendo fin a todas as formas de discriminación contra as mulleres e nenas, que non é só un dereito humano básico, senón que ademais é crucial para o desenvolvemento sostible.

Xunta de Galicia: Loitar contra a pobreza nas familias monoparentais e contra a violencia machista, en especial a mais extrema

No 2021, facer crible a ambición da Xunta de Galicia na loita contra a desigualdade de xénero e a violencia machista obriga a por en marcha dous compromisos electorais imprescindibles:

  • Posta en marcha do Plan de Choque contra a pobreza en familias Monoparentais, tal e como establece a recente Lei de Impulso Demográfico.
  • Estratexia Galega contra a violencia machista, en especial a máis extrema (prostitución, trata, senfogarismo). Elaborar o “Plan galego contra a trata e a explotación sexual

En EAPN Galicia creemos necesaria unha transformación social que poña no centro a sustentabilidade da vida, construíndo un sistema global con políticas públicas centradas na persoa e con criterios de corresponsabilidade.

Por iso, facemos un chamamento a todos os actores sociais sobre a inescusable tarefa de poñer fin a este fenómeno estrutural que provoca, en cada crise, unha reprodución social dos roles de xénero, un incremento da desigualdade e o agrandamento da fenda de risco de pobreza e exclusión social entre homes e mulleres, cimentando un presente de enorme vulnerabilidade nas que se atopan en situación de maior desprotección e hipotecando o seu futuro e o da nosa sociedade.

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies