32 demandas contra a pobreza na exposición “Ninguén á marxe”no Parlamento de Galicia

0 1166
Comparte!

Onte, 17 de outubro, no Parlamento de Galicia, con motivo da celebración do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, o seu presidente, Miguel Santalices, xunto á Conselleira de Política Social, Fabiola García e o presidente de EAPN Galicia-Rede Galega contra a Pobreza, Antonio Hernández, inauguraron a exposición “Ninguén á marxe #ContraPobreza”.

Acompañados de deputadas e deputados e os máximos responsables das outras tres plataformas do terceiro sector galego (CERMI, Plataforma de Infancia de Galicia e Coordinadora Galega de ONGD) e organizacións de acción social e cooperación ao desenvolvemento.

A exposición “Ninguén á marxe” inclúe fotografías de persoas das organizacións membro de EAPN Galicia: traballadoras, voluntarias ou participantes, e pretende mostrar a deputados, deputadas e responsables políticas, as demandas e propostas de loita contra a pobreza e a exclusión social, en especial as prantexadas nos últimos encontros e seminarios de Participación, como os de Santiago de Compostela (“Quítannos o dereito de quenes queremos ser: divídennos, etiquétannos, métennos en caixas”) ou Canarias (“Que se poñan nos nosos zapatos e na nosa pel!: Sen empatía, nin a participación política nin a gobernanza son posibles“).

Con esta exposición, quíxose dar forza as propostas realizadas por persoas que se atopan en risco de pobreza e/ou exclusión social para fomentar a empatía e identificar qué indicacións ou recomendacións débense seguir por parte das entidades, a administración e a comunidade para favorecer a participación a todos os niveis das persoas en situación de vulnerabilidade.

Ao tempo que a exposición, organizacións de accións social e cooperación integradas en EAPN Galicia e EAPN España lanzaron a campaña #ContraPobreza en redes sociais.

A campaña, impulsada dende Galicia para todas as redes EAPN autonómicas e as ONG integradas nas mesmas, grazas ao traballo riguroso de todas as entidades tivo un enorme impacto en redes e medios.

Paralelamente difundiuse e séguese difundido, a última información sobre a pobreza e exclusión en Galicia que se presentou a través do informe “El estado de pobreza en España 2018” .

Por último, fíxose unha letura á Declaración Institucional contra o contra o odio e a intolerancia ás persoas en pobreza ou exclusión aprobado por unanimidade no pleno do Parlamento de Galicia ante ocrecemento da aporofobia e os prexuízos.

A exposición estará no vestíbulo do Parlamento de Galicia ata o próximo martes.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies