A Exposición “PRIORIDADE 1: POBREZA E EXCLUSIÓN SOCIAL” continua o seu percorrido por Galicia

Comentarios desactivados en A Exposición “PRIORIDADE 1: POBREZA E EXCLUSIÓN SOCIAL” continua o seu percorrido por Galicia 38

A Exposición PRIORIDADE 1 POBREZA E EXCLUSIÓN SOCIALAta o próximo 8 de xaneiro na Biblioteca Antonio Odriozola de Pontevedra

A mostra, composta por algunhas das fotografías que se presentaron ao III Concurso Fotográfico Pobreza e Exclusión Social estará ata o próximo 8 de xaneiro na Biblioteca Antonio Odriozolade Pontevedra. A exposición, organizada organizado por EAPN-Galicia, pode verse de luns a venres de 09:00 da mañá ata as 21:00 da noite e o sábado de 09:00 a 14:00.

Dende a perspectiva dos seus fotógrafos amósanse situacións, momentos representativos da vida diaria de persoas en risco de exclusión ou en situación de pobreza pero con dignidade. Con isto preténdese situar ás persoas no primeiro plano, elas son as protagonistas e elas son as que falan, a través das imaxes, das súas vidas. Os retos aos que se enfrontan, os problemas cos que viven son o eixo desta exposición coa que poñer voz e reivindicar os seus dereitos, uns dereitos que os poderes públicos teñen a obriga de defender.

Neste senso, o Director de EAPN-Galicia –Xosé Cuns- lembrou durante a inauguración da mostra que “non podemos confundir a solidariedade co asistencialismo, son dúas cousas diferentes e moitas veces non nos decatamos. O Estado ten a obriga constitucional de garantir os dereitos, en especial dos sectores máis vulnerables, en risco de exclusión… e os cidadáns non poden substituír esta función esencial”.

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR