Aberta a votación dos Premios Luceira de Comunicación Social en Galicia. PARTICIPA!

Comentarios desactivados en Aberta a votación dos Premios Luceira de Comunicación Social en Galicia. PARTICIPA! 50

Abierta la votación de los Premios Luceira de Comunicación Social en GaliciaEAPN Galicia, xunto coa Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento e o Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMi Galicia), coa colaboración da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e de Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) unímonos para convocar os I Premios Luceira de Comunicación Social en Galicia.

Uns premios cos que as organizacións do terceiro sector reivindicamos a necesidade de apostar por iniciativas de comunicación con vocación social.

O obxectivo dos Premios Luceira é visibilizar e poñer en valor propostas de comunicación en Galicia que están a dar cobertura ás temáticas do eido social baixo un enfoque de calidade, análise, reflexión e participación da sociedade. Ademais, con este premio pretendemos motivar aos distintos medios de comunicación galegos a reflexionar sobre o tratamento informativo que están a dar actualmente sobre as temáticas sociais, aquelas que afectan directamente ás vidas das persoas.

Como seleccionamos as candidaturas?

As entidades convocantes dos Premios Luceira eliximos 17 candidaturas que cumpren catro criterios básicos. Todas elas son:

– iniciativas galegas
– iniciativas que centran o seu contido, ou parte del, en dar cobertura ás temáticas sociais
– iniciativas de comunicación colectivas (non se premian persoas, senón proxectos)
– iniciativas con vocación informativa, analítica, reflexiva e participativa

As 17 candidaturas nomeadas foron elixidas despois dun período de busca e análise. Non están todas as que son. Así que pedimos desculpas de antemán e comprometémonos a incorporalas en vindeiras convocatorias do Premio.

Podedes acceder á lista de candidaturas e a súa descrición, aquí>>>http://galiciasolidaria.org/subido/a%20Premios%20Luceira/Candidaturasdef%20Premios%20Luceira%202014.pdf

Como se elixirán as iniciativas gañadoras?

As iniciativas gañadores serán elixidas pola cidadanía galega mediante unha votación segreda on line. Cada persoa poderá elixir un máximo de cinco candidaturas das dezasete seleccionadas. As tres iniciativas máis votadas serán as gañadoras dos Premios Luceira 2014.

O período de votación estará aberto ata o 30 de abril de 2014.

Podedes votar as candidaturas neste enlace>>>https://docs.google.com/forms/d/1QuGvMx9tvQj78420_sUDCkekoWWQjZDOtcRpD-8gBTc/viewform

Cal é o premio?

O premio é o recoñecemento e a posta en valor das iniciativas de comunicación premiadas. Tamén das nomeadas.
Non está prevista ningunha retribución económica para as iniciativas gañadoras. Só un detalle que será entregado o día da comunicación e entrega dos premios.

Cando se entregarán os premios?

O día 13 de maio, ás 17:30, no marco do IV Seminario de xornalismo social e cooperación internacional que organizan ACPP e AGARESO na Facultade de Xornalismo da USC. O acto de entrega terá lugar no Auditorio da Facultada e a entrada será libre.

Despois da entrega dos premios haberá unha mesa redonda sobre o xornalismo social en Galicia na que participarán representantes das iniciativas gañadoras e doutros proxectos de comunicación.

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR