Aínda queda moito por facer para rematar coa pobreza enerxética

0 228
Comparte!
Case dous millóns de fogares perderán en outubro o Bono Social Eléctrico se non se acollen ao novo modelo.

Galicia contaba ata o momento con dúas liñas de subvencións para paliar a pobreza enerxética. Por unha banda, o Ticket Eléctrico (180 € ao ano), dirixido a fogares con ingresos inferiores a 1,5 veces o IPREM (11.278 euros anuais) e do cal se beneficiaban de 7.500 familias. Pola outra, a Xunta asumía o custo de ata dous recibos anuais das unidades familiares con ingresos que non superaban o IPREM (7.519 euros anuais) e que contou con 5.300 beneficiarias na súa última edición.

Tendo en conta que en Galicia, según os últimos datos da Enquisa de Condicións de Vida (INE)o 6.7% da poboación galega (181.000 persoas) non poden permitirse manter a súa vivenda a unha temperatura axeitada, segue a existir unha gran cantidade de fogares que están moi lonxe de paliar a súa situación de pobreza enerxética.

Coa aprobación por parte do Goberno estatal do novo Bono Social eléctrico, a Xunta tivo que reformular estas axudas que se viron superadas polo Real Decreto aprobado polo Goberno.

O bono social pode beneficiar a familias numerosas, pensionistas e perceptores de rendas mínimas e distingue entre tres tipos de consumidores:

  • Vulnerables. Poden recibir unha axuda do Estado para custear o 25% da súa factura.
  • Vulnerables severos. Cun apoio máximo do 40 %.
  • En risco de exclusión social. Cun apoio máximo do 40 % do estado e outro 10% das compañias eléctricas. A Xunta aportará o outro 50% do recibocun máximo anual de 250 euros (400 euros para familias numerosas, por desgraza, non se inclúén as familias monoparentais).

Esta axuda é xestionada a partir das compañías eléctricas, pero precísase da coordinación entre as mesmas e os Servicios Sociais para tramitalo (informe da Traballadora Social).

Dito Bono Social non estivo exento de polémica. A “Plataforma por un Nuevo Modelo Energético” denuncia que o Goberno non realizou unha “adecuada campaña” informativa e que hai un “atasco burocrático” na xestión da documentación esixida. O mesmo critica a Fundación ECODES (Ecología y Desarrollo), que fala de “unha alarmante desinformación” e un “camiño de obstáculos”.

O Goberno veuse obrigado a aumentar o prazo de solicitude por 6 meses máis, xa que das case 2 millóns de persoas que a nivel Estatal poderían ser posibles beneficiarias, tan só o solicitou un 17%, debido a escasa información e a sobrecarga burocrática.

Axuda e linguaxe clara para solicitar o bono social

A Plataforma Civio e a Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia (CNMC) crearon unha ferramenta, Con “linguaxe clara, documentación personalizada e pedagoxía” pretente axudar a calquera persoa para calcular o seu dereito ao bono social, facilitándolle o impreso de solicitude para que llo envíe á súa empresa comercializadora, xunto coa dirección axeitada e os documentos que hai que presentar, facendo así o proceso moito máis fácil.

A mesma plataforma “Civio” tamén alerta que case dous millóns de fogares perderán en outubro o Bono Social Eléctrico se non se acollen ao novo modelo.

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies