As ONG galegas piden medidas efectivas para loitar contra a desigualdade, a pobreza e a exclusión social

Comentarios desactivados en As ONG galegas piden medidas efectivas para loitar contra a desigualdade, a pobreza e a exclusión social 30

Las ONG gallegas piden medidas efectivas para luchar contra la desigualdadDende a Rede Galega contra a Pobreza lembran que en Galicia hai máis de 448.000 persoas que viven baixo o limiar da pobreza, unha cifra que continúa aumentando.

A Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia) celebrou hoxe a súa asemblea xeral extraordinaria aprobando un ambicioso plan de actuación no que se aposta firmemente pola defensa dos dereitos sociais, a participación, a inclusión e o empoderamento das persoas.

As 125 entidades que forman parte de EAPN-Galicia consideran que se están tomando medidas para loitar contra a pobreza e a exclusión social pero que son necesarios máis esforzos neste camiño para lograr reducir as cifras tan elevadas que ten Galicia. Segundo os últimos datos de decembro de 2013 o 47% dos fogares galegos vive de prestacións por desemprego, subsidios, ou pensións. Ademais, hai máis de 448.000 persoas que viven baixo o limiar da pobreza, o que supón un 16,5% do total da poboación.

Fronte a este datos, que son persoas non números, EAPN-Galicia continúa ampliando e consolidando a súa estrutura coa incorporación de novas entidades como Médicos do Mundo, Asemblea de Cooperación pola Paz, Ecos do Sur e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias co obxectivo de chegar a máis xente e colaborar coas administracións públicas na loita contra a pobreza e a exclusión.

En total, e segundo o informe ¿Quen Somos? presentado na Asemblea, as entidades membro de EAPN-Galicia contan con 4304 persoas voluntarias, 19.000 persoas asociadas e 453.534 beneficiarias e/ou usuarios. Unha realidade que non se ve acompañada dun recoñecemento das Organizacións non Lucrativas do Terceiro Sector de Acción Social como actores imprescindibles, non complementarios, na prestación de servizos sociais públicos ou como coñecedores da situación que viven as persoas en risco de exclusión ou pobreza.

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR