Mais de 75.000 persoas recibiron estas máscaras cedidas polo Ministerio de Sanidade a través da Delegación do Goberno en Galicia grazas á intermediación directa de 35 entidades do terceiro sector social membro das redes EAPN.

EAPN Galicia-Rede Europea contra a Pobreza, en coordinación con EAPN España está a repartir entre as entidades de acción social galegas ás 120.000 máscaras que foron cedidas polo Ministerio de Sanidade a través da Delegación do Goberno para os persoas en situación de vulnerabilidade. Este novo reparto súmase ao anteriores acadando un total de 324.000 máscaras e que xa foron distribuídas en decembro e marzo.
Persoas en pobreza ou exclusión, maiores, con discapacidade, mulleres vítimas de violencia machista, familias migrantes, nenos e nenas… son as que reciben estas máscaras grazas á intermediación directa entre as entidades membro da rede. Estimase que preto de 30.000 persoas da comunidade se beneficiarán de este último envío sumándose ás 44.809 persoas dos envíos anteriores.
O reparto das máscaras que chegarán ás persoas beneficiarias de programas e proxectos faise a través de 35 entidades integradas en EAPN. Por exemplo; a través de Ecos do Sur protéxense a 800 persoas inmigrantes e emigrantes retornadas, con Accem chégase a 300 persoas refuxiadas e inmigrantes, a Federación Alzheimer Galicia permite sumar 200 persoas beneficiarias, Autismo Galicia protexe a 166 persoas con autismo e as súas familias, a Fundación Juan Soñador a 1000 mozos e mozas e a Confederación Galega de Discapacidade- COGAMI chega a outras 6.000 persoas máis.
Pero moitas máis entidades como Acción Contra a Fame, Amaranta, Arela, Boa Vida, CDR O Viso, CDR Portas Abertas, Down Galicia, Emaús, Fundación Érguete, Feafes, Fegadace, Igaxes, Médicos do Mundo, Meniños, MPDL, Provivienda, Radio ECCA, Fundación Ronsel e Fundación Secretariado Xitano tamén contan coas súas caixas de máscaras para repartir entre as persoas en situación de vulnerabilidade.
O acto de entrega das máscaras vense de facer na Delegación do Goberno en A Coruña, xunto a representantes de CERMI Galicia, Cruz Vermella e Cáritas que tamén están a facer este reparto entre ás persoas que o precisan.
Fai un comentario