As organizacións de acción social piden o apoio das empresas galegas marcando a Casiña Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades #EmpresasConImpacto

0 68
Comparte!
186 millóns de euros para fins sociais se recadarían se as empresas marcasen a Casiña Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades
Con esta decisión de custe cero, o sector empresarial ten a oportunidade de xerar un impacto positivo na sociedade e contribuír a unha transformación social máis xusta, igualitaria e sostible.
A Casiña Empresa Solidaria está incluída no Imposto de Sociedades, que se presenta do 1 ao 25 de xullo de 2022, e marcala supón destinar o 0,7% do recadado a proxectos de interese social.
Os fondos recadados a través da Casa Empresa Solidaria do Imposto de Sociedades van dirixidos a financiar unha gran diversidade de proxectos sociais e ambientais, desenvoltos por entidades do Terceiro Sector e dirixidos á loita contra a pobreza, a exclusión social e a desigualdade.

Coincidindo co inicio da campaña para a presentación do Imposto de Sociedades, as ONG galegas representadas por EAPN Galicia, CERMI Galicia e Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, piden a colaboración das empresas para que marquen a Casilla Empresa Solidaria no seu Imposto de Sociedades.

As ONG prestaron e prestan servizos esenciais na loita contra o COVID-19, a crise social e económica actual pola inflación e a guerra de Ucraína, apoiando e defendendo os dereito das persoas máis vulnerables. Este traballo é posible grazas ás case 750.000 persoas que en Galicia marcan o X Solidario na súa Declaración da Renda e agora tamén para grandes, medianas ou pequenas empresas coa Casiña Empresa Solidaria.

O financiamento económico que chega a través do 0,7% da cota íntegra do Imposto de Sociedades é necesario e fundamental para que moitas ONG galegas poidan seguir prestando servizos e desenvolvendo programas dos que resultan beneficiarias milleiros de persoas, veciñas e veciños cos que convivimos.

A medida, que está presente desde o período impositivo de 2018, supón unha inxección de fondos máis que necesaria para moitas das case 700.000 persoas vítimas da pobreza ou a exclusión social no 2020, un 25,7% da poboación galega.

Persoas usuarias de programas como o de teleasistencia, apoio ás persoas con discapacidade e familias, educación para a saúde, centros de atención integral para as mulleres diagnosticadas de cancro de mama, residencias, atención a mulleres en dificultade social, centros de día, atención a persoas sen fogar, erradicación de violencia de xénero, atención á poboación rural en pobreza, programas de voluntariado, transporte en vehículos adaptados, entre outros moitos.

Empresa e impacto positivo #EmpresasConImpacto

En 2022, a Casilla Empresa Solidaria pódese marcar durante o período de presentación do Imposto de Sociedades, entre o 1 e 25 de xullo, e está actualmente dispoñible en dous modelos do devandito imposto: o 200 e o 220. Aparece incluída no apartado “Outros caracteres – fins sociais”, concretamente, na casiña 00073 (dentro do modelo 200) ou ben na 069 (no modelo 220).

Marcar a Casilla Empresa Solidaria supón unha decisión libre e altruísta, con custe cero para as empresas, coa que teñen a oportunidade de implicarse directamente na reconstrución social igualitaria e inclusiva, que beneficia, tanto ao tecido empresarial como á sociedade en si mesma.

Máis información:

www.casillaempresasolidaria.es

Twitter: @CasillaEmpresa
Linkedin: Casilla Empresa Solidaria Empresa Extraordinaria

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies