“As palabras xa non abondan. Queremos compromisos!”

0 206

Máis de 100 persoas asistirán ao VI Seminario Galego de Participación e Cidadanía Inclusiva.

O Seminario enmárcase na campaña Concellos ao servizo das persoas, propoñendo ideas para mellorar os concellos e comprobando se as candidaturas ás eleccións municipais teñen como prioridade a loita contra a emerxencia da pobreza e a exclusión social.

eapn_flyerA4

EAPN-Galicia celebra o sábado 16 de maio na sede da Fundación Down Compostela en Santiago o seu evento de referencia, o VI Seminario Galego de Participación e Cidadanía Inclusiva. Trátase dun encontro no que as persoas en risco de pobreza ou exclusión son as protagonistas, pois teñen a oportunidade de falar e contar os seus puntos de vista, opinións, problemas, perspectivas, etc.

Baixo o lema “ As palabras xa non abondan. Queremos compromisos!”, o tema vertebrador desta edición será o debate sobre como mellorar a participación social e política nos concellos. Deste xeito, mentres as persoas reivindican os seus dereitos e loitan por eles, están a poñer en práctica diferentes iniciativas e colaborando entre elas para tentar mellorar a súa situación dende a dignidade e a inclusión.

eapn_flyerA4No seminario, ademais dos grupos de traballo, está prevista a presentación de exemplos de iniciativas de participación efectiva en Bilbao, Compostela, Pontevedra, Vigo ou El Salvador.

Cómo se comprometen coas persoas nos concellos?

No marco do Seminario realizarase unha mesa de diálogo con representantes dos partidos políticos con presenza no Parlamento de Galicia, que responderán ás preguntas elaboradas polos participantes: Paula Prado (PP), Carmen Gallego (PSdeG-PSOE), Carme Adan (BNG) e Xesús Ron (AGE).

A mesa comezará ás 17:00 horas e estará moderada pola xornalista da Radio Galega, Clara de Saa. Baixo o título “Cómo se comprometen coas persoas nos concellos?”, terá como referencia as propostas e demandas da campaña “Concellos ao servizo das persoas” que EAPN Galicia está a presentar aos candidatos ás eleccións municipais do 24 de maio. Gran parte das propostas desta campaña e a esixencia expresa de compromisos por parte dos candidatos ás eleccións, proceden das conclusións de anteriores edicións do Encontros de Participación e Cidadanía Activa.

 

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

CAPTCHA Image

(obrigatorio)

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR