Cómo melloramos a participación?

0 151

EAPN-Galicia organizou unha xornada formativa e de dialogo sobre a mellora da participación das persoas en risco de pobreza ou exclusión nas organizacións

Seminario participación 160317

Cartel Seminario 160317O grupo de participación da EAPN-Galicia atópase en fase de reflexión sobre as posibilidades de expansión e mellora da participación das persoas en situación ou risco de pobreza e/ou exclusión a diferentes niveis: na propia EAPN e nas entidades que a forman, xa que todas elas teñen tamén procesos participativos na súa metodoloxía de traballo.

Tal e como recolle o Plan Estratéxico 2016-2019 de EAPN-Galicia preténdese promover unha participación igualitaria. Estase a realizar un diagnóstico das posibilidades de participación da base social das entidades nas actividades da rede.

A xornada tivo lugar o pasado xoves 16 de marzo no Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela.

Para a parte teórica do taller, contouse coa presenza de Javier Salgado, coordinador do grupo de participación de EAPN-España, que falou sobre aspectos clave a ter en conta á hora de iniciar e fomentar procesos participativos que inclúan ás persoas en risco de pobreza e/ou exclusión, os principais retos e as ferramentas coas que se pode contar.

Avanzando na xornada, Yosehana Ledesma, coordinadora do grupo galego, dinamizou un debate que partía de tres preguntas clave: Qué facemos ben?, Qué facemos mal? E Cómo melloramos a participación? A continuación preséntanse as principais conclusións extraídas sobre a situación das entidades membro e a EAPN galega:

Conclusiones resumidas Xornada participación

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

CAPTCHA Image

(obrigatorio)

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR