A violencia contra as mulleres agrávase ca crise da COVID-19 #25NContralaPobreza

0 40
Comparte!
Máis da metade das mulleres maiores de 16 anos (57,3%) residentes en España sufriron violencia ao longo das súas vidas por ser mulleres.
A acentuación dos roles de xénero durante o confinamento, as dificultades para acceder a protección e a pobreza, agravan a situación das mulleres vítimas de violencia de xénero.

Con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, EAPN Galicia- Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social, que reúne a organizacións galegas do Terceiro Sector comprometidas ca erradicación da pobreza e a exclusión social, quere manifestar que a violencia de xénero, está directamente relacionada ca desigualdade entre mulleres e homes. Esta desigualdade viuse agravada pola pandemia da COVID-19, enquistando un problema estrutural de nosa sociedade.

A violencia de xénero é consecuencia da discriminación que sofren as mulleres, tanto en leis como na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero. A violencia de xénero afecta e impide o avance en moitas áreas, incluídas a erradicación da pobreza, a exclusión social e a desigualdade.

Son 312.331 mulleres galegas as que no 2020 se atopaban en risco de pobreza, segundo o XI Informe do Estado da Pobreza en Galicia de EAPN Galicia. Na maior parte dos indicadores de pobreza ou exclusión, a tendencia ao deterioro da situación das mulleres con respecto aos homes é clara, e viuse agravada coa pandemia da COVID-19.

A violencia de xénero ten un impacto maior nas mulleres pobres. Por un lado, pola falta de autonomía económica que lles permita saír da situación de violencia e, polo outro, porque ser vítima de violencia machista é un dos factores que poden levar ás mulleres a situacións de pobreza e exclusión social, con maior repercusión en aquelas mulleres onde pode interseccionar algún outro motivo de discriminación, como por exemplo, a discapacidade ou a pertenza a grupos poboacionais ou minorías étnicas tradicionalmente discriminadas.

O número total de mulleres asasinadas en España por violencia de xénero, dende o ano 2003, é de 1.118 ata o día de hoxe. Así mesmo, de acordo aos resultados da última Macroenquisa sobre Violencia contra a Muller (2019), más da metade das mulleres (57,3%) residentes en España de 16 ou mais anos sufriron violencia ao longo das súas vidas por ser mulleres.

Ademais, as novas tecnoloxías abriron novos cauces para exercer a violencia. Segundo datos do Instituto Europeo de Igualdade de Xénero, unha de cada 10 mulleres sufriron, dende os 15 anos, algunha forma de ciberviolencia, que se manifesta a través de insultos nas redes sociais, o envío de pornografía non solicitada, a extorsión sexual ou a difusión de datos privados, entre outras. Esta clara vulneración dos dereitos das mulleres e nenas provoca graves repercusións na vida real das vítimas.

A recente aprobación do proxecto de lei de Garantías de la Liberdade Sexual e a renovación do Pacto do Estado contra a violencia de xénero son pasos na boa dirección, para ofrecer estabilidade ás políticas públicas que combaten a violencia de xénero e seguir destinando os recursos para combatela.

A violencia contra as mulleres segue sendo un obstáculo para alcanzar o ODS 5 (Obxectivo de Desenvolvemento Sostible) recollido na Axenda 2030, que se refire específicamente a lograr a igualdade de xénero e empoderar a todas as mulleres e nenas. Este tipo de violencia é unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo actual. Non podemos esquecer tampouco os efectos dramáticos da violencia de xénero sobre as nenas e os nenos, con consecuencias nefastas sobre a súa saúde mental.

A situación creada a raíz da crise xurdida pola pandemia da Covid-19 non fixo se non agravar a situación das mulleres e a fenda de xénero aínda existente na nosa sociedade. Por iso, este 25 de novembro, a EAPN reivindica un reforzo das políticas públicas destinadas a previr e erradicar a violencia de xénero, así como as causas e as formas de pobreza que lles afectan de maneira específica. Hoxe mellor que mañá.

 

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies