EAPN-Galicia consolida o seu grupo de xénero e vístese de negro #ContraAsViolencias

0 86
O primeiro obxectivo deste grupo é elaborar un decálogo cos compromisos mínimos de EAPN e as súas entidades membro para implantar a perspectiva de xénero en todas as áreas de intervención e avanzar cara á equiparación de dereitos e condicións entre homes e mulleres . Un documento que será presentado na vindeira Asemblea para a súa aprobación.

Unha das actuacións que se fixaron como prioritarias no Plan Estratéxico 2016-2019 foi a de fomentar “a equidade entre homes e mulleres e de garantía da diversidade que oriente as accións e traballo de EAPN-Galicia e as súas entidades membro”.

É por iso, polo que, como xa fixo no Código de Conduta na Comunicación da Pobreza e a Exclusión Social, preténdese elaborar un decálogo con compromisos mínimos, ferramentas e propostas de accións de cara a implantar a perspectiva de xénero en todas as áreas de intervención e que sirva para avanzar cara á equiparación de dereitos e condicións entre mulleres e homes, tanto en EAPN como nas entidades membro. Este documento deberá ser aprobado na vindeira asemblea e será de obrigado cumprimento para calquera organización que desexe ser membro da rede.

Contando xa cun borrador de sobre o que traballar e a experiencia previa do Grupo de Género de EAPN España, celebrouse unha xuntanza presencial coas persoas do grupo, coa finalidade de enriquecer o documento. Este grupo está formado por profesionais da Federación Alzheimer Galicia, CDR Portas Abertas, Fundación Ronsel, Fundación Secretariado Xitano, Fundación Juan Soñador, Cáritas Mondoñedo-Ferrol, Fundación Érguete-Integración, COGAMI, Acadar e o equipo técnico de EAPN-Galicia.

De maneira simbólica, esta xuntanza celebrouse preto do día 25 de novembro, Día Internacional contra as Violencias Machistas.

En relación a este día e a todo o que representa, EAPN-Galicia adheriuse á campaña En Negro Contra as Violencias, impulsada inicialmente dende o concello de Santiago pero desenvolvida nesta edición que se leva celebrando dende fai uns anos, e a que xa pertencen máis de 100 concellos de toda Galicia, vestindo de negro numerosos espazos de traballo, escaparates, postos dos mercado, librarías, cafés, hoteis, redes sociais, etc.

Animamos a todas as que aínda non o fixeron, a inscribirse no mapa web http://ennegrocontraasviolencias.gal/ para vestir #GaliciaEnNegro #ContraAsViolencias .

 

 

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies