EAPN-Galicia pide a inmediata retirada das declaracións dalgúns imputados na trama Pokémon que defenden os ‘enchufes’ para axudar a xente que o necesita

Comentarios desactivados en EAPN-Galicia pide a inmediata retirada das declaracións dalgúns imputados na trama Pokémon que defenden os ‘enchufes’ para axudar a xente que o necesita 62
Comparte!

Consideran que este tipo de ‘xustificacións’ son un insulto ás persoas en situación de pobreza e exclusión social e ao traballo de profesionais das administración públicas e das ONG do Terceiro Sector de Acción Social.

Dende EAPN-Galicia cren que as últimas declaracións dalgúns políticos como o alcalde de Lugo e do presidente da Deputación da Coruña, son intolerables. As 125 entidades que formamos parte da Rede Galega contra a Pobreza criticamos duramente que a defensa dalgúns imputados estea baseada en xustificar actuacións como unha ‘axuda’ ou ‘medidas’ para paliar a situación extrema pola que atravesan moitas persoas en Galicia.

Con este tipo de discursos téntase desculpar ante a opinión pública unhas actividades (que poden ser constitutivas de delito) que o único que fan é reforzar a falsa idea de que as persoas só poden saír da pobreza ou da exclusión mediante o asistencialismo ou con favores. Dende a Rede cremos que estas actitudes desprezan os dereitos e banalizan a situación das máis de 630.000 persoas que en Galicia viven baixo limiar da pobreza ou a exclusión e pedimos que rectifiquen estas declaracións e pidan desculpas.

E sorprendente e desagradable ter que lembrarlle a bastantes responsable políticos que as persoas son obxecto de dereitos, que hai unha Lei de Inclusión que recoñece o respecto á dignidade das persoas e o seu dereito a conseguir unha inclusión activa mediante o “acceso a ingresos mínimos, acompañamento profesional (…) unido á responsabilidade individual de non permanecer nunha situación de dependencia crónica das prestacións públicas”.

Un recente estudo publicado pola Comisión Europea apunta que a corrupción medrou nos últimos anos por mor da crise e que o 95% dos españois considera que as prácticas corruptas son xa habituais. Non é casualidade, e así o demostran outros estudos que mentres medran estas prácticas corruptas, tamén aumente a pobreza (13.090.000 persoas en risco de exclusión ou pobreza en España). Unha relación que polas declaracións feitas por estas persoas, lonxe de desaparecer parece que deberían consolidarse, ironizan.

Está tamén demostrado o drástico aumento da desigualdade entre as persoas e a súa relación coa complicidade do poder político cos intereses económicos en detrimento dos dereitos dos cidadáns e cidadás, dos procesos democráticos e da liberdade de mercado.

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies