EAPN-Galicia pídelle á Conselleira de Facenda integrarse na Comisión de Coordinación dos Fondos Comunitarios

Comentarios desactivados en EAPN-Galicia pídelle á Conselleira de Facenda integrarse na Comisión de Coordinación dos Fondos Comunitarios 121
Comparte!

EAPN-Galicia agrupa a máis de 108 entidades representativas do Terceiro Sector de Acción Social galego. Traballa para defender os dereitos das persoas en situación de pobreza ou de exclusión social e a súa rede de entidades conseguiu que en 2012 máis de 450.000 galegos e galegas puideran beneficiarse das súa actuacións con máis de 4.300 persoas voluntarias e case 1.200 traballadoras.É por iso que dende a Rede Galega contra a Pobreza e a Exclusión Social consideran que o coñecemento que teñen da realidade social é sen dúbida de utilidade á hora de decidir nas comisións cales deben ser os programas cofinanciados mediante fondos europeos.

A política comunitaria desta década vai estar marcada pola Estratexia 2020 e as grandes partidas do orzamento europeo vanse destinar ao crecemento sostible e ás políticas de cohesión, que serán un instrumento esencial para acadar os obxectivos sociais marcados por Bruxelas e a reducción da pobreza.

No documento enviado á Conselleira de Facenda, recóllense propostas para cada un dos obxectivos temáticos da programación de Fondos Estruturais 2014-2020: ‘emprego e apoio á mobilidade laboral’, ‘inclusión social e loita contra a pobreza’, ‘educación e estratexias de aprendizaxe ao longo da vida’ e ‘institucional eficiencia da administración pública’. EAPN-Galicia propón, entre outras moitas medidas, a inclusión de claúsulas sociais na contratación pública, unha maior transparencia e eficacia dos procesos administrativos ou fomentar o seguimento do impacto real das actuacións financiadas en detrimento dos trámites dun maior carácter burocrático.

Tamén se solicita unha xuntanza coa Conselleira de Facenda, Elena Muñoz, para avanzar neste proceso de diálogo, como xa se está a facer coa Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a integración de EAPN-Galicia na Comisión de elaboración do Programa Operativo de Fondos Comunitarios que vai avaliar o destino dos fondos que ten Galicia ata o ano 2020 e na súa Comisión de seguimento.

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies