En marcha o Plan Renove para que as familias vulnerables poidan cambiar electrodomésticos

0 3384
Comparte!
A convocatoria é unha das medidas propostas desde EAPN Galicia, xurdida nun obradoiro sobre dereito á enerxía.
As familias poderán acollerse a unha subvención do 25%, 50% ou 75% sobre o prezo final do electrodoméstico.

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a nova convocatoria de subvencións para a renovación de electrodomésticos e a implantación de domótica enerxética recollendo as propostas formuladas no obradoiro ‘Dereito á Enerxía para Familias Vulnerables, organizada por EAPN Galicia e que foron trasladadas no proceso de incidencia política á Xunta de Galicia.

Desde EAPN Galicia valoramos positivamente a reactivación deste Plan, favorecendo claramente que por primeira vez as as familias en situación de vulnerabilidade ou vulnerabilidade severa podan optar a un fogar máis eficiente enerxéticamente.

Que se subvenciona e canto

No novo Plan Renove, subvencionase frigoríficos, frigoríficos-conxelador, conxelador, lavalouzas, lavadora e placa de inducción total. A cantidade subencionada será do 25% do prezo para consumidores en xeral, o 50% do prezo para consumidores vulnerables e o 75% para consumidores vulnerables severos. Con todo, a convocatoria especifica uns límites segundo a tipoloxía de electrodoméstico.

Solicitude

A concesión das axudas respecta a orde de presentación de solicitudes e ate esgotamento de orzamentos. Resérvase, durante o primeiro mes desde a apertura do prazo, un 40% do mesmo a persoas consumidoras vulnerables e vulnerables severas.

Burocracia

Para ter a consideración de consumidor vulnerable ou vulnerable severo (e, por tanto, acollerse ás porcentaxes máis elevadas da subvención) debe aportarse a factura de enerxía eléctrica onde se demostre que a persoa solicitante é tamén titula do bono social eléctrico.

Xestión

Levarase a cabo polas entidades adheridas, as cales daranse a coñecer a través da web do Inega. Asemade, a cantidade subvencionada abónase directamente a estas entidades, polo que as persoas beneficiarias só terán que aportar a cantidade que lles corresponde resultado da aplicación da porcentaxe.

 

 

 

 

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies