Estudas unha profesión do social e queres cambiar as políticas públicas que che afectan?

Comentarios desactivados en Estudas unha profesión do social e queres cambiar as políticas públicas que che afectan? 576
Comparte!
O 27 de novembro EAPN Galicia celebra unha xornada dirixida a futuras profesionais do eido social onde poder formular propostas nos eidos de vivenda, emprego, cultura e ocio e educación
A xornada contará cun obradoiro de ferramentas sobre cómo incidir políticamente e na sociedade para o cambio social.

Se estudas ou estudiaches recentemente Traballo Social, Educación Social, Integración Social ou outra profesión relacionada co eido social e queres contribuír a eliminar os problemas na sociedade, non podes perderte o II Encontro de Participación Xuvenil , dirixida a a futuras e novas profesionais do social (traballo, educación, integración social, etc.), de entre 18 e 29 anos, residentes na comunidade autónoma de Galicia.

O evento, organizado por EAPN España xunto a EAPN Galicia, en colaboración coa Escola Universitaria de Traballo Social (EUTS) de Santiago de Compostela, terá lugar o vindeiro 27 de novembro de 16:00h a 19:30h. Mozos e mozas teredes un espazo para xerar propostas de cambio social e de mellora das políticas públicas en Galicia, España e Europa.

Os datos do Informe Estado da Pobreza 2020 de EAPN España revelan que o 31,7% das persoas entre 16 e 29 anos se atopan en situación de pobreza e/ou exclusión social (AROPE polas súas siglas en inglés). Asemade, o 64,4% das galegas e galegos entre 18 e 34 anos vivían cos seus pais no 2018, segundo a enquisa estrutural a fogares do Instituto Galego de Estatística.

Por este e outros motivos, a xornada abordará catro eidos principais que afectan á mocidade: vivenda, emprego, cultura e ocio e educación; tendo sempre presente o enfoque transversal de xénero e de loita contra a pobreza e exclusión.

Na actividade presentarase o traballado previamente en colaboración coa Escola Universitaria de Traballo Social da USC, e a nivel estatal coa EAPN España, nos eidos citados, facendo especial fincapé nas persoas en situación de pobreza e exclusión.

Posteriormente, contaremos coa presenza de Joan Bennasar, educador e investigador social, que nos proporcionará ferramentas sobre cómo incidir políticamente e na sociedade para o cambio social.

Para rematar, farase un traballo en grupos, divididos por temáticas, para elaborar e priorizar propostas e medidas dirixidas a mellorar a política pública en materia de vivenda, emprego, educación, cultura e ocio. Estas propostas serán transmitidas, tanto no eido estatal como autonómico, as responsables políticas en cada materia.

Xa podes inscribirte no seguinte enlace, que estará dispoñible ata o día 24 de novembro:

Inscríbete aquí

 

Similar articles

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies