Galiza Contrainfo, Galiza Ano Cero e a revista Andaina gañan os Premios Luceira de comunicación social

Comentarios desactivados en Galiza Contrainfo, Galiza Ano Cero e a revista Andaina gañan os Premios Luceira de comunicación social 85

O portal web, a televisión por internet e a revista de pensamento feminista foron as tres candidaturas máis votadas dun total de dezasete

Galiza Contrainfo, Galiza Ano Cero e a revista Andaina gañan Luceira de comunicación socialOs Premios Luceira de Comunicación Social xa teñen gañadores: Galiza Contrainfo, o portal web que da cobertura aos movementos sociais galegos; Galiza Ano Cero, a televisión sen ánimo de lucro por internet; e Andaina, a revista de pensamento feminista. Representantes das tres iniciativas de comunicación social recolleron hoxe os premios no acto de entrega que tivo lugar no auditorio da Facultade de Xornalismo da USC. Estas foron as tres candidaturas máis votadas dun total de dezasete.

Os Premios Luceira foron convocados pola Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento, a Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia), o Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMi Galicia), a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e a Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP). Con estes premios, as organizacións do terceiro sector en Galicia reivindican a necesidade de apostar por iniciativas de comunicación con vocación social.

Para as organizacións convocantes, o obxectivo principal dos Premios Luceira é visibilizar e poñer en valor propostas de comunicación en Galicia que están a dar cobertura ás temáticas do eido social baixo un enfoque de calidade, análise, reflexión e participación da sociedade. Ademais, con este premios pretenden motivar aos distintos medios de comunicación galegos a reflexionar sobre o tratamento informativo que están a dar actualmente sobre as temáticas sociais, aquelas que afectan directamente ás vidas das persoas. O xurado dos Premios Luceira foron as máis de 1.000 persoas que votaron as súas iniciativas favoritas a través da rede. (Pódense consultar todas as candidaturas nomeadas neste enlace http://bit.ly/1rhf6Mk).

O acto, presentado polo humorista Carlos Blanco, tamén contou cunha mesa redonda sobre xornalismo social, moderada polo decano da Facultade, Xosé Pereira, na que participaron representantes das tres iniciativas gañadoras xunto coa Cadena Ser e La Voz de Galicia. Este acto está enmarcado no IV Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’.

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR