Grazas por participar na consulta “Por un emprego digno 2017”

0 176
Ata o 12 de setembro impulsamos esta consulta que pretende identificar os problemas e propostas de mellora dos diferentes mecanismos de formación e inserción sociolaboral das persoas en risco de pobreza ou exclusión social.

Estou no desemprego

Unha das actuacións prioritarias da maioría das organizacións que forman parte de EAPN-Galicia, así como outras organizacións e administracións implicadas, é a procura dun emprego digno para as 700.000 persoas que en Galicia están en risco de pobreza ou exclusión.

No 2016, segundo os datos do INE, o 48,5% das persoas en desemprego e o 14,1% das que traballan estaba en situación de pobreza. A pobreza laboral é un fenómeno crecente en Galicia e no resto de España.

O VI Foro de capacitación sobre pobreza, exclusión social, terceiro sector e voluntariado, supuxo un primeiro paso para traballar en rede por un emprego digno para todas as persoas tratando de conseguir interlocución e coordinación real entre e dentro das administracións e co Terceiro Sector de Acción Social. Nesta xornada tratouse de afondar na relación entre as políticas de emprego e as de inclusión social e buscar xeitos de aumentar o impacto que estas teñen nas persoas en situación ou risco de pobreza ou exclusión.

Xa neste ano 2017, e a través dun grupo ad hoc de persoas expertas realizouse un obradoiro para identificar as principais preocupacións, obstáculos e demandas neste eido.

Queremos e precisamos facelo mellor. Por iso nesta segunda fase impulsamos esta consulta que pretende obter unha visión dos principais problemas que se detectan nas diferentes políticas e ferramentas de inserción sociolaboral para seren compartidos entre os profesionais, as ONG e as administracións implicadas e que poidan ser resoltas polos responsables políticos e técnicos da mesma.

Acceso a consulta: Por un emprego digno 2017

E fundamental a súa participación. Non lle levará máis de 6 minutos se non fai ningún comentario nas respostas abertas. Pero agradecémoslle que o faga (é importante a máxima concreción), co fin de enriquecer coa súa visión as propostas que elevaremos as administracións públicas competentes en materia de emprego e inclusión.

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

CAPTCHA Image

(obrigatorio)

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR