Informe “Por unha RISGA efectiva: dos papeis ás persoas”

1 2036
Comparte!

En Galicia no ano 2013, 667.657 persoas (24,3%) atopábanse en risco de pobreza o exclusión social. Destas, só 11.753 persoas percibían a RISGA (Renda de Inclusión Social de Galicia). A cifra de perceptoras, a pesar que ser o dobre que en anos anteriores, segue sendo menor que no resto do Estado Español.

O aumento da pobreza e da exclusión, a entrada en vigor da nova Lei de Inclusión 10/2013 (supón un profundo cambio na tramitación da RISGA) e as protestas que dende entidades sociais e servizos comunitarios fan á xestión desta Renda de Inserción levou a EAPN-Galicia a realizar durante o mes de xullo de 2014 unha consulta tanto a profesionais como a perceptoras e perceptores da RISGA.
RISGA foto

Tralo estudo con máis de 74 persoas (profesionais de servizos sociais ou ONG especializadas e beneficiarias) valoracións, concluíuse que a ausencia dun Regulamento de desenvolvemento da Lei de Inclusión, o insuficiente orzamento, a falta de adaptación ás necesidades actuais, os retrasos e o endurecemento dos requisitos de acceso, entre outros factores, poñen en perigo a viabilidade da RISGA como instrumento eficaz contra a exclusión social.

Este informe, preséntase no IV Foro de Capacitación sobre pobreza, exclusión social, terceiro sector e voluntariado, tamén foi achegado á Consellería de Traballo da Xunta de Galicia. O seguinte paso deste estudo é ser presentado aos diferentes Grupos Parlamentarios e ao Valedor do Pobo.

O Informe pódese descargar nesta ligazón:

Por unha RISGA efectiva. Informe EAPN Galicia 2014

Similar articles

1 Comentario

  1. Maria 29 Setembro, 2020 at 11:00 p.m.

    Ola. Alguén recolleu o risco deste setembro?

Contesta Cancelar

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies