Mozos e mozas de Galicia levarán as demandas contra a pobreza que sofren unha de cada tres persoas da súa idade ao Encontro Estatal de Participación Xuvenil

Comentarios desactivados en Mozos e mozas de Galicia levarán as demandas contra a pobreza que sofren unha de cada tres persoas da súa idade ao Encontro Estatal de Participación Xuvenil 367
Comparte!
Propostas sobre o acceso ao emprego, dereito a unha vivenda, a perspectiva de xénero e a saúde son algunhas das cuestións que trasladará o Grupo de Mocidade Transforma o próximo 29 de xuño, en Madrid.

No marco do Proxecto JovEU (Mocidade, participación e cambio social: O Futuro de Europa), EAPN España organiza o próximo 29 de xuño en Madrid o Encontro de Participación de Mocidade.

Esta xornada ten como obxectivo xerar un espazo de diálogo no que mozas e mozos poidan debater e facer oír a súa voz e formular posicións, propostas e recomendacións sobre como se deben configurar e aplicar as políticas de mocidade a nivel local, autonómico, estatal e europeo, atendendo con especial énfase ás persoas que teñen menos oportunidades.

Participarán máis de 80 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, principalmente en situación de vulnerabilidade social, das diferentes comunidades e cidades autónomas de España. Así como persoas expertas en políticas de mocidade, representantes de administracións públicas, persoal técnico e voluntario das entidades do terceiro sector, ademais doutros axentes sociais.

Neste eido, catro mozos e mozas galegas pertencentes ao grupo de Mocidade Transforma de EAPN Galicia darán a coñecer as súas propostas sobre o acceso ao emprego, o dereito a unha vivenda, a necesidade dunha maior oferta cultural, a perspectiva de xénero e a saúde.

Este mesmo grupo, conformado por futuras e novas profesionais do social (traballo, educación e integración social), participou o pasado 27 de novembro de 2020 no II Encontro de Participación Xuvenil organizado por EAPN Galicia, en colaboración coa Escola Universitaria de Traballo Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC), no que se elaborou un Documento final de conclusións que amosaba os problemas detectados en cuestións de vivenda, emprego, educación, cultura e ocio, así como propostas e medidas como a ‘implementación da educación emocional dende a infancia’ ou o ‘incentivo do emprendemento da mocidade’:

Similar articles

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies