Nin un paso atrás contra a violencia machista

0 742
Comparte!

A violencia machista agrávase no 2020. No que levamos de ano 10 mulleres foron asasinadas polas súas parellas. Dúas das vítimas son galegas: Manuela Iglesia e agora a nosa compañeira Clara Expósito, participante no XIII Encontro Estatal de Participación de Santiago de Compostela.

Cústanos escoller as palabras necesarias pero queremos transmitir todo o noso apoio, ánimo e solidariedade á familia de Clara, ás súas amizades e ao resto de persoas que a querían.

Neste día triste queremos reiterar o noso compromiso.

Constatamos de novo que a pobreza afecta especial e sistemáticamente ás mulleres. Por iso nin EAPN Galicia nin ningunha das nosas organizacións membro daremos un só paso atrás na defensa do feminismo e a plena igualdade de dereitos entre homes e mulleres.

Condeamos rotundamente e seguiremos loitando contra calquera xeito de violencia machista ben sexa directa ou indirecta. Dende nunha rede de incidencia como a nosa non toleraremos e seguiremos denunciando a quen tente aproveitarse politicamente do sufrimento das vítimas.

Seguimos esixindo a Xunta de Galicia, concellos e deputacións a que de inmediato fortalezan a súa colaboración e coordinación, tanto política como técnica, na loita contra a pobreza, a exclusión e a violencia machista.

Finalmente queremos instar a traballadoras, voluntarias, participantes e ao resto de persoas vinculadas coas nosas entidades, así como á cidadanía en xeral, a participar nas concentracións que se celebren ante este último asasinato machista.

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies