NO PARLAMENTO DE GALICIA: PRIORIDADE 1: POBREZA E EXCLUSIÓN SOCIAL

Comentarios desactivados en NO PARLAMENTO DE GALICIA: PRIORIDADE 1: POBREZA E EXCLUSIÓN SOCIAL 29

17 de outubro de 2013. Día Internacional para a Erradicación da Pobreza

“¡Eu non estou en situación de exclusión social. A min non me exclúe ninguén!”

NO PARLAMENTO DE GALICIA PRIORIDADE 1 POBREZA E EXCLUSIÓN SOCIALO berro de Yosehanna, unha das participantes no IV Encontro Galego de Cidadanía Inclusiva celebrado en xuño do 2013 abriu o acto de inauguración da exposición fotográfica Prioridade 1: Pobreza e Exclusión Social o pasado 14 de outubro no Parlamento de Galicia, no que participaron deputados e deputadas e representantes de EAPN Galicia, CERMI Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD.

A vicepresidenta de EAPN Galicia, Mónica Permuy, leu unha declaración durante o acto de inauguración desta exposición que pretende por as persoas mais vulnerables no primeiro plano da axenda política, previo ao debate sobre o Estado de Autonomía, lembrando que:

No Ano Europeo da Cidadanía, 662.515 galegos e galegas atopábanse a comezos do 2012 en risco de pobreza ou exclusión social, o 23% de toda a poboación.

1.300 millóns de persoas viven actualmente en situación de pobreza extrema no mundo, e case mil millóns pasan fame.

Unha elevada proporción destas persoas teñen algunha discapacidade. En Europa o 65% das persoas con discapacidade están na pobreza.

Hoxe, 17 de outubro, é o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza e queremos difundir esta declaración unánime das tres federacións representantes do Terceiro Sector galego.

Queremos tamén facer noso o Manifesto de EAPN España: La Unión Europea gobierna contra la voluntad de la mayoría de su ciudadanía e a carta aberta dirixida a D. Mariano Rajoy polas máis de mil organizacións que formamos parte da Alianza Española contra la Pobreza: Señor Rajoy: sus políticas nos empobrecen

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR