O IV Foro péchase con relatorios sobre comunicación e transparencia e preocupación polos fondos europeos

Comentarios desactivados en O IV Foro péchase con relatorios sobre comunicación e transparencia e preocupación polos fondos europeos 129

O IV Foro de Capacitación sobre pobreza, exclusión social, terceiro sector e voluntariado, organizado pola Rede Galega de Loita Contra a Pobreza (EAPN Galicia), CERMI e a Coordinadora ONGD , pechouse onte en Santiago de Compostela cunha xornada centrada na comunicación das situacións de exclusión e nos debates sobre os Fondos Estruturais europeos e a Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA).

A xornalista Rosa Mª Calaf foi a encargada de pronunciar unha conferencia arredor da Comunicación decente contra a desigualdade, un dos puntos centrais do día. No que toca ao debate en torno á asignación dos Fondos Estruturais europeos, dos que depende parte do orzamento dos proxectos contra a exclusión social, as agrupacións organizadoras do foro amosáronse preocupadas pola ausencia de representantes da Xunta de Galicia, convocados para daren a súa visión ao respecto. En palabras do director de EAPN Galicia, Xosé Cuns, “dá que pensar que, xusto cando se fala sobre transparencia na adxudicación destes Fondos, a Administración estea ausente”.

Durante a xornada presentáronse dous documentos de importancia. O primeiro é o libro Guía de estilo: Pobreza, vulnerabilidade e voluntariado, destinado a axudar aos profesionais da información a comunicar a exclusión social mostrando a quen a padecen como persoas que loitan por saír desa situación e non como receptores de esmola; e o informe Por unha RISGA efectiva, que axudará a mellorar a aplicación desta renda en Galicia e que en breve se colgará na web de EAPN Galicia.

Unha boa cantidade de profesionais participaron nos dous días nos que se desenvolveu o Foro, na Escola Galega de Administración Pública, en Compostela.

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR