O Terceiro Sector de Acción Social galego reúnese coa Conselleira de Traballo e Benestar

Comentarios desactivados en O Terceiro Sector de Acción Social galego reúnese coa Conselleira de Traballo e Benestar 365
Comparte!

El Tercer Sector de Acción Social gallego se reúne con la Conselleira de TraballoAdemais de reclamar a igualdade real de oportunidades na contratación pública e a participación no seguimento dos Fondos da Unión Europea, EAPN-Galicia e Beatriz Mato analizaron a implantación efectiva da nova Lei de Inclusión coa que se pretende reducir

Representantes da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia) mantiveron un encontro coa Conselleira de Traballo e Benestar para analizar a situación de diversos temas como a Lei de Inclusión, a xestión dos Fondos Estruturais 2014 a 2020 e a inclusión de cláusulas sociais na contratación pública de servizos sociais.

Sobre este último asunto, dende EAPN-Galicia pedíuselle á Conselleira que seguindo a futura directiva europea de contratación pública, a resolución unánime do Parlamento de Galicia ou o compromiso do presidente da Xunta, comecen a incluír nos seus contratos cláusulas sociais, para que as entidades non lucrativas do Terceiro Sector poidan concorrer en igualdade de condicións na contratación publica.

Lémbranlle a Mato que “non se pode vir aos servizos sociais a lucrarse” e que as organizacións non gobernamentais, polo seu traballo directo coas persoas, son as que mellor coñecen as necesidades e os apoios que deben prestarse e isto supón desaproveitar un coñecemento moi útil para conseguir unha actuación realmente eficaz e eficiente baseada na calidade dos servizos. O presidente de EAPN-Galicia, David Silva, engadiu que deste xeito “foméntase a inclusión sociolaboral das persoas e colectivos mais vulnerables da sociedade”. Neste senso, a Conselleira comprometeuse a falar co presidente da Xunta e coas Consellerías de Sanidade e Educación para tentar modificar esta situación.

Respecto á Lei de Inclusión, dende EAPN-Galicia fan unha valoración positiva, xa que se incorporaron moitas das súas demandas, pero pídenlle á Xunta que ‘non quede en papel mollado’ e que realmente sexa un instrumento útil para loitar contra a pobreza. Dende a Rede amosan a súa preocupación polo aumento da pobreza e a exclusión (case 640.000 persoas en Galicia) e piden que se destinen máis recursos e profesionais á aplicación desta Lei. “Uns recursos o mais próximos posible aos cidadáns que teñan como obxectivo o apoio e asesoramento necesarios para que as persoas poidan comezar un proceso de inclusión e atopen un emprego. Que non quede en axudas materiais puntuais”, explica Silva, “porque o noso obxectivo non é subvencionar ás persoas pobres, senón erradicar a pobreza e a desigualdade”.

Xa por último, na xuntanza tamén se falou sobre o deseño, xestión e control dos Fondos Comunitarios da Unión Europea de cara ao período 2014-2020. Dende EAPN-Galicia, como representantes de 125 entidades do terceiro sector de Galicia, demándanlle á Xunta estar presentes neste organismo de coordinación, co obxectivo de que os fondos europeos sirvan para lograr a redución da pobreza e a exclusión social que marca Bruxelas na súa Estratexia 2020. Unha idea que comparte Beatriz Mato e que lle trasladará tamén á Conselleira de Facenda. A Rede pon como exemplo Castela La Mancha ou Canarias, onde os gobernos incluíron xa na comisión as súas EAPN autonómicas. Para David Silva, “só dende o diálogo, o intercambio de experiencias ou coñecementos e a transparencia podemos conseguir que a inclusión social e a loita contra a pobreza sexa a prioridade de todos e todas e ser un referente de xestión”.

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies