Oferta de emprego: Responsable Programa Integral inserción sociolaboral de persoas vulnerables

0 1741
Comparte!
EAPN Galicia busca unha persoa para coordinar e responsabilizarse do Programa Integrado para o fomento da empregabilidade de persoas en situación ou risco de pobreza ou exclusión social e para a elaboración e impulso das propostas de incidencia política en materia de emprego e inclusión sociolaboral.

Buscamos unha ou un profesional con experiencia tanto na coordinación ou xestión de programas de inserción sociolaboral e acceso ao emprego (en especial nos impulsados dende a Xunta de Galicia como Plans Integrados de Emprego) como na intervención con persoas en risco ou situación de pobreza ou exclusión social dende entidades do Terceiro Sector Social.

No marco do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia e ata final do 2023 será a responsable da coordinación e xestión do Programa Integrado para o fomento da empregabilidade xunto ás entidades membro de EAPN Galicia implicadas. Así como de detectar boas prácticas e identificar propostas e demandas de EAPN Galicia para mellorar as políticas de inserción sociolaboral.

Traballar nunha rede de entidades e profesionais obriga a ter competencias de flexibilidade, empatía e capacidade de adaptación ás necesidades da base social ou das administracións públicas así como a unha orientación continua para o traballo en equipo e unha alta capacidade de organización, resiliencia e resposta en prazos axustados.

As persoas interesadas poden enviar ao enderezo electrónico info@eapn-galicia.com, ata o 4 de abril de 2022 (incluído), co asunto “Selección programa emprego + NOME E APELIDOS”. Adxuntando CV actualizado e unha carta de motivación e experiencia que inclúa 3/4 propostas xustificadas para a mellora das políticas de inserción sociolaboral das persoas en pobreza ou exclusión social en Galicia (máximo 2 páxinas).

Detalle perfil, condicións e funcións

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies