Por qué debemos participar na Consulta do Pilar Europeo de Dereitos Sociais?

0 206
Ata o 31 de decembro pódese participar nesta consulta decisiva que a Comisión Europea lanza á poboación sobre como deben de ser as futuras políticas que máis afectan as persoas, sobre todo as mais vulnerables: emprego, servizos sociais, demografía e outros factores importantes para a vida laboral e as condicións sociais.
Dende EAPN proponse un modelo de resposta sobre as demandas para asegurar que a redución da pobreza, a exclusión e a desigualdade ou ter un emprego digno sexa unha prioridade.

ACCEDE A CONSULTA EN LIÑA

PROPOSTA RESPOSTA EAPN

Consulta Pilar Social Europeo. Resposta EAPN Galicia

Jean Claude Juncker, presidente da Comisión Europea, anunciou en setembro a creación dun Pilar Europeo de dereitos sociais co fin de acadar un mercado laboral xusto.

Unha vez adoptado, o Pilar debe converterse nun marco de referencia para examinar a situación social e de emprego dos Estados membro, así como para impulsar reformas a nivel nacional. Tamén debe servir de guía para unha converxencia renovada dentro da zona do euro.

desigualdad-me-sobra-mes

Quén pode participar?

Calquera persoa pode participar nesta consulta, aínda que hai un chamamento especial as persoas e organizacións do eido social.

Carlos Susías, presidente de EAPN España, explica por qué responsables e profesionais de entidades sociais así como persoas en risco de exclusión social deben participar nesta consulta.

Por qué debo participar?

So a través da participación podemos conseguir poñer as persoas en primeira liña nas políticas dos vindeiros anos e que a redución de pobreza e da desigualdade formen parte dos obxectivos do Pilar Europeo de Dereitos Sociais.

Tal e como indica Graciela Malgesini responsable de Asuntos Europeos e Incidencia Política de EAPN España, neste vídeo , existen 4 razóns fundamentais para participar nesta consulta e facer demandas para conseguir unha Unión Europea que asegure:

  • Que a redución da pobreza e a exclusión sexa unha prioridade.
  • Unha Europa polo emprego digno.
  • Un nivel de vida decente e que free o dumping social
  • Unha Europa máis equitativa e con menos desigualdade

Cómo podo participar?

pilar-europeo-derechos-socialesPodes participar na consulta como persoa individual ou como organización.

Dende EAPN España e EAPN Galicia, poñemos a túa disposición a nosa PROPOSTA de Resposta EAPN España a Consulta Pilar Social UE

PARA ACCEDER A CONSULTA PREME AQUÍ

Maís Información. ¡Participa en la Consulta pública sobre el pilar europeo de derechos sociales!

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

CAPTCHA Image

(obrigatorio)

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR