Presentamos a Guía de estilo:Pobreza, vulnerabilidade e voluntariado no VI Seminario de Xornalismo social e Cooperación Internacional.

0 1001
Comparte!
O coordinador do Grupo de Comunicación de EAPN Galicia presentou a guía na Facultade de Ciencias da comunicación da USC no seminario organizado a través de AGARESO e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP)

 

O obxectivo da xornada é capacitar a xornalistas e futuros xornalistas na comunicación para o cambio social, contribuíndo no seu labor de erradicar prexuízos e favorecer a inclusión.
David Otero, responsable de comunicación en FAGAL, entidade membro de EAPN Galicia, e coordinador do noso Grupo de Comunicación presentou a Guía de estilo:Pobreza, vulnerabilidade e voluntariado.

Na foto: David Otero no VI Seminario de Xornalismo social e Cooperación Internacional.

Na foto: David Otero no VI Seminario de Xornalismo social e Cooperación Internacional.

Este documento foi creado como unha ferramenta de consulta rápida para que profesionais da comunicación en medios ou ONG ofrezan unha información de calidade sobre as persoas vulnerables e en situación de pobreza.

É unha guía sinxela que está pensada para recorrer a ela e solucionar dúbidas puntuais como: Que son a pobreza, a exclusión ou a desigualdade? Cómo se miden?. En que consisten os indicadores principais (AROPE, Taxa risco pobreza, indice GINI…) Tamén tenta facilitar prácticas e xeitos de qué comunicar e qué non neste eido.

 
Aquí podes consultar tanto esta Guía como o Código de conduta na comunicación da pobreza e da exclusión social asumido por unanimidade de todas as organizacións membro de EPAN Galicia.

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies