Comparte!

X Solidaria 2011

Presentada la campaña “Con un pequeño gesto las cosas cambian”, ¿quieres verlo?

X Solidaria 2011

Representantes de 187 organizacións non lucrativas galegas presentamos a Campaña XSolidaria que cada ano se leva a cabo para incidir na necesidade de marcar o cadro de Fins Sociais na Declaración da Renda e contribuír así, co 0,7% da súa cota íntegra, a programas dirixidos a colectivos en risco de pobreza e exclusión social.

No acto de presentación da campaña estiveron presentes, ademais do Secretario e do Director de EAPN Galicia, representantes da Federación de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual en Galicia (FADEMGA), a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento, a Confederación de Centros de Desarrollo Rural (COCEDER), a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), Fundación Meniños, ACCEM Galicia, Autismo Galicia e a Fundación Erguete Integración.

Aínda que nos últimos anos non deixou de aumentar o número de persoas que destinan o 0,7% a Fins Sociais, o certo é que o 23% dos galegos que fixeron a Declaración da Renda non marcaron ningunha opción das dispoñíbeis.

A cantidade de cartos que se recadaron en Galicia a través da casiña Fins Sociais foi de 13,1 millóns de euros. Se todos os contribuíntes galegos marcaran esta casiña, a cantidade de cartos destinados aos proxectos para as persoas máis desfavorecidas aumentaría ata os 24,6 millóns de euros.

X Solidaria 2001_PresentacionGrazas ao 0,7% do recadro Fins Sociais, en Galicia benefícianse 253.140 persoas. Os colectivos aos que van destinados estes programas teñen que ver coa infancia, a mocidade, as mulleres, os maiores, as persoas con discapacidade, persoas con drogodependencia, persoas afectadas pola Sida, o pobo xitano, persoas reclusas e ex reclusas, programas para a inclusión social e migrantes.

O sector solidario impulsor desta Campaña considera vital que, nun contexto de crise financeira que afecta aos colectivos máis vulnerables e desprotexidos, se siga incrementando a recadación da cota íntegra dos contribuínte para Fins Sociais.

O imposto da renda é o único que permite que a cidadanía poida decidir o destino dunha porcentaxe de impostos que xa lle foron retidos. Isto non quere dicir que se lle teña que pagar máis ou que se lle devolva menos.

Mais información en www.xsolidaria.org

X Solidaria 2011

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies