Comparte!

III Encontro Galego de Participación e Cidadanía Inclusiva

Máis de 70 persoas en risco de exclusión danse cita no III Encontro Galego de Cidadanía Inclusiva que organizou EAPN-Galicia na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o 6 de outubro orientado cara a participación política dado o contexto de campaña electoral.

A conferencia inaugural correu a cargo de Carlos Susías, Presidente de EAPN-Es e levaba por título “Da participación social á participación política”. Destacou que “a pobreza é consecuencia de acción políticas e económicas” e lembroulles aos asistentes que “as entidades sociais son un instrumento para que as persoas en risco de exclusión exerzan os seus dereitos como cidadás e cidadáns”.

Contamos cunha Mesa redonda na que Ana Luísa Bouza (BNG), Maite Cancelo (PP) e José Manuel Civeira (PSdG-PSOE) que presentaron as propostas electorais dos seus respectivos partidos para combater a pobreza e a exclusión social. A representante do PP anunciou que “queremos por en marcha un Plan galego de pobreza infantil” e fixo referencia a nova lei de inclusión que está a piques de ser aprobada. J.M Civeira destacou que dende o PSdeG-PSOE “queremos crear unha estratexia galega polo emprego na que todos esteamos presentes, incluidos os axentes sociais”. Ana Luísa Bouza pola súa parte explicou a necesidade de crear “un mapa galego de recursos sociais incorporando todos aqueles dispoñibles”, que inclúa recursos tanto autonómicos como locais.

Na segunda parte da xornada BOA VIDA INCLUSIÓN ACTIVA, FEAFES GALICIA e ACADAR presentaron as súas iniciativas de participación e ademais das preguntas dos asistentes, algunhas das participantes falaron do que lles aportaron estas experiencias en primeira persoa.

A través de tres grupos de traballo organizáronse unha serie de dinámicas nas que se analizaron as posibles canles de participación e onde os asistentes puideron falar das súas dificultades e coñecer outras realidades. As conclusións que extraeron estes grupos léronse ao final do Encontro e as poñeremos nesta web durante esta semana.

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies