GRUPOS DE TRABALLO

EAPN-Galicia está chamada a ocupar un espazo de interlocución coas institucións, para influír e mellorar as políticas sociais por elas deseñadas, tanto no nivel normativo, coma no estratéxico e operacional; dando pulo e optimizando a súa participación e capacidade de decisión nos órganos de asesoramento xa creados na esfera do social, ou apostando pola creación de novos espazos de negociación.

Todo isto partindo da premisa de que a propia natureza multisectorial da pobreza e da exclusión fai necesario o enfoque integrado, presente no discurso da EAPN-Galicia.

A Estratexia da EAPN-Galicia para o período 2009-2012 establece claramente a metodoloxía para a xeración de consensos no marco da Loita contra a Pobreza e a Exclusión.

A EAPN-Galicia avanza a traveso dos Grupos de Traballo que xeran as Resolucións acordadas asembleariamente.

Actualmente a EAPN-Galicia, ten en funcionamento varios Grupos de Traballo:

GRUPO DE TRABALLO SOBRE PARTICIPACIÓN

Integrado por persoas membro de ACCEM Galicia, ACPP Galicia, Boa Vida Inclusión Activa, Down Galicia, Emaus Fundación Social, Fundación Juan Soñador

Liñas de Traballo:

1- Estratexia 2020: difusión do seguimento e propostas da nova Estratexia Europea Post-Lisboa, para o período 2011-2020. Fitos: Seminario “A nova estratexia Europa 2020″. 2 de xullo de 2010, Santiago de Compostela.

2- Dinamización da Participación nos Órganos Consultivos e de Asesoramento – Novas Propostas de Participación. Mandato Asembleario Decembro 2009. Fitos: Resolución 1/2010 de Participación Efectiva.

3- Participación: Organización do Encontro Galego de Participación, previo ao I Congreso Estatal de Participación de Persoas en situación de Vulnerabilidade, Pobreza e Exclusión Social en España; así coma das outras actividades vinculadas ao Ano Europeo 2010 de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social. Fitos: I Encontro de Cidadanía Inclusiva. 10 de Abril de 2010, Santiago de Compostela.

4- Celebración do Día Internacional de Loita Contra a Pobreza, Outubro 2010. Fitos: Organización do Concurso de Fotografía sobre Inclusión Social e a exposición subseguinte no Parlamento de Galicia, que enmarcará a lectura do Manifesto de Cidadanía Inclusiva no Pleno anterior á efeméride.

5- Diálogo Civil: Mandato asembleario para a elaboración dunha proposta de resolución. Asemblea Xeral de EAPN Galicia, 25 de xuño de 2010.

GRUPO DE TRABALLO SOBRE DESENVOLVEMENTO NORMATIVO

Integrado por persoas membro de COGAMI, Down Galicia, Ecos do Sur, Emaus Fundación Social, FAGAL, FEGADACE, Fundación Erguete Integración, Fundación Juan Soñador, Igaxes3, Medicos do Mundo, Plataforma polo Emprego, Secretariado Xitano.

Liñas de traballo:

1- Desenvolvemento práctico da Lei de Servizos Sociais de Galicia / Reforma da Lei de Medidas Básicas de Inclusión Social. Fitos: seguimento da elaboración das Bases da nova Lei de Inclusión Social – Solicitude de interlocución formal e participación no proceso.

2- Contratación Pública e Terceiro Sector Social. Resolución Asemblearia Decembro 2009. Fitos: Resolución 2/2010 sobre Contratación Pública e Terceiro Sector. Seminario: “Cláusulas Sociais e Reserva de Mercado na Contratación Pública”. 13 de xullo, Santiago de Compostela.

3- Centros de Inclusión Social. Resolución Asemblearia Decembro 2009. Fitos: Resolución 3/2010 sobre a Urxencia da Necesidade de Centros de Inclusión Social.

4- Aportes ao “Plan de Actuación Social 2010-2013. Horizonte 2015″

5- Recortes: mandato asembleario para a elaboración dunha proposta de resolución. Asemblea Xeral de EAPN Galicia, 25 de xuño de 2010.

GRUPO DE TRABALLO SOBRE FONDOS ESTRUTURAIS

Integrado por persoas membro de Autismo Galicia, Caritas Galicia, COGAMI, FAGAL, FEAFES, Fundación Meniños, Fundación Ronsel, IGAXES3, Secretariado Xitano.

Liñas de traballo:
Como coñecedoras directas da poboación en risco de pobreza ou de exclusión social, as entidades que integran EAPN-Galicia crearon este grupo de traballo co obxectivo de propoñer (dende a experiencia) as medidas e prioridades que cren esenciais no investimento do Fondo Social Europeo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

Froito deste traballo creouse un Documento de Aportacións á programación de Fondos Estruturais 2014-2020 no que tamén se recolle a petición para que se cumpra a normativa europea que establece que o 20% dos fondos FSE na Comunidade Galega sexan obxectivo de inclusión social.

GRUPO DE TRABALLO SOBRE COMUNICACIÓN
Integrado por persoas membro de Arela, Autismo Galicia, COGAMI, Down Galicia, Ecos do Sur, FEAFES, FEGADACE, Fundación Meniños, Fundación Ronsel, IGAXES3, Medicos do Mundo

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies