MISIÓN, VISIÓN E VALORES
No Plan Estratéxico 2016-2019 establécese que EAPN-Galicia é unha organización non lucrativa, que reúne ás entidades do Terceiro Sector de Acción Social implicadas na loita contra a pobreza, a exclusión e a desigualdade social e de xénero. Que traballa polas mesmas causas, desde un enfoque de dereitos pola defensa dos intereses das persoas en situación ou risco de pobreza e da súa participación comunitaria plena, mediante a incidencia política e social propositiva.
A Rede Galega Contra a Pobreza pretende liderar o proceso de articulación do Terceiro Sector Social en Galicia, traballando por causas comúns das entidades, e ten capacidade de incidencia política e social para a erradicación da pobreza e a exclusión social desde un enfoque de dereitos.
EAPN-Galicia subscribe como fundamentos do seu propósito a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a Convención sobre os dereitos do neno, e a Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade, así como os dereitos recoñecidos na Constitución Española e no Estatuto de Autonomía de Galicia. Asume especialmente os seguintes principios e valores:
- Independencia
- Participación activa
- Compromiso
- Colaboración
- Transparencia
- Innovación
- Representatividade
- Equidade de xénero
Plan Estratéxico EAPN Galicia 2016-2019 DEF