Comparte!

QUE É EAPN-GALICIA

A Rede Europea contra a Pobreza é unha entidade non lucrativa e de acción social que agrupa a entidades autonómicas do terceiro sector implicadas na loita contra a pobreza e a exclusión a través da defensa dos dereitos dos colectivos en risco e da súa participación comunitaria plena.

EAPN Galicia nace en setembro de 2008 como resposta natural á necesidade de crear unha ferramenta de intervención social capaz de elaborar estratexias que incidan nas políticas sociais desenvolvidas en Galicia.

Na actualidade, está constituída por 152 ONG a través de 30 entidades membro representativas de colectivos vulnerables, que unen en rede os seus esforzos para acadar sinerxías e crear unha plataforma que denuncie as desigualdades sociais, que canalice e dea voz ás demandas do sector para a súa introdución na axenda política.

EAPN-Galicia forma parte tamén da European Anti Poverty Network, Rede no nivel europeo que leva traballando de modo independente dende 1990, e está integrada en EAPN España.

Inscrición no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais

EAPN-Galicia: Quen Somos 2013

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies