PRESENTACIÓN

EAPN-Galicia nace co obxectivo de ser un instrumento útil e eficaz na contribución da loita contra a pobreza e a exclusión social.

Para iso entre as nosas tarefas realizamos un traballo incidencia política e de interlocución política á hora de defender as propostas e preocupacións das persoas que forman parte das entidades que integran a Rede Galega de Loita contra a Pobreza.

Cremos firmemente nun terceiro sector democrático e participativo no que a defensa dos dereitos das persoas e da súa dignidade sexa unha das principais loitas.

Esta é só unha breve presentación do que facemos. Convidámoste a que coñezas o traballo que realizamos e, se temos os mesmos obxectivos e as mesmas prioridades este é tamén o teu sitio. Benvidas e benvidos á nosa web.

Antonio Hernández Fernández, Presidente de EAPN-Galicia.

A Xunta directiva de EAPN-Galicia está composta por:

Presidenta VicepresidenteSecretaria TesoureiraVogalVogal

Eloina Ingerto López

Coordinadora de programas de Infancia en Galicia da Fundación Juan Soñador dende o ano 2002 e coordinadora territorial da entidade desde o ano 2015. Profesionalmente iniciou a súa experiencia como traballadora social nos servizos sociais municipais de atención primaria de varios concellos rurais da provincia de Lugo, compaxinando esta labor coa de animadora e dinamizadora en varias entidades xuvenís y sociais.

Daniel Bóveda Castro

Coodinador de Accem Pontevedra na Sede de Vigo. Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración con especialidade de Relacións Internacionais e máster de Migracións Internacionais e Mediación Intercultural. Traxectoria vinculada ao terceiro sector centrada nas migracións. Ao longo dos últimos anos traballou en proxectos do ámbito de trátaa de persoas, mediación intercultural e a protección internacional.

Saray Durán Gato

Directora da Asociación Ecos do Sur. Traballadora Social

Patricia Blanco Riveiro

Xerente da Federación Autismo Galicia. Traballadora Social

Ignacio Rodríguez Saez

Licenciado en Dereito con máis de dez anos de experiencia no movemento asociativo no campo da discapacidade despois do seu inicio na práctica do dereito. Comezou en COGAMI en setembro de 2001 como asesor laboral do Servizo de Integración Laboral, despois incorporouse ao Consello de Administración da entidade como Secretario, converténdose en axente de emprego e asesor xurídico. .

Javier Hermida Porto

Coordinador da Federación Alzheimer Galicia. Traballador Social especializado en entidades sen ánimo de lucro, especialmente nos eidos das persoas maiores e das discapacidades e dependencia.

Podes atoparnos:

EAPN-Galicia

Rúa Basquiños, 33 1º – Santiago de Compostela

881 957 284 / 698 127 110

info@eapn-galicia.com

@EAPNGalicia

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies