EAPN Galicia lanza a campaña “As persoas primeiro”, para que as formacións políticas inclúan no debate electoral a situación de pobreza de 700.000 galegos e galegas.
Baixo a etiqueta #PobrezaGalicia e o lema “Compromisos, Coordinación, Causas e Dialogo Civil contra a pobreza e pola inclusión social” presenta unha webna que ademais de difundir as demandas do Terceiro Sector Social galego, se comparan as propostas das distintas opcións políticas e se fornece á cidadanía de información sobre a exclusión.
A campaña “As persoas primeiro” e o seu lema “Compromisos, Coordinación, Causas e Dialogo Civil contra a pobreza e pola inclusión social” pide aos partidos políticos que a loita contra a pobreza e a exclusión social sexa eixo fundamental do debate nas Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016.
Mediante esta campaña e baixo a etiqueta #PobrezaGalicia, dende a Rede Galega de Loita contra a Pobreza reclamamos que as formacións políticas que concorren ás eleccións contemplen nos seus programas medidas firmes que consideramos perfectamente asumibles. “Resulta imprescindible que se aseguren compromisos firmes e resultados urxentes na mellora da calidade de vida das persoas, para os case 700.000 galegos e galegas en risco de pobreza ou exclusión social (25,7%) e en especial para as 115.000 con carencias materiais severas (4,2%)”, afirmou o presidente de EAPN Galicia, Antonio Hernández, na presentación da campaña.
A idea é dar a coñecer as demandas das persoas e organizacións que están a loitar polos dereitos sociais na nosa comunidade, comparar programas electorais antes de ir votar e presionar as diferentes candidaturas para que se comprometan con catro principios imprescindibles para a erradicación desta lacra, resumidos dentro das chamadas ‘4C’:
Contra as Causas da pobreza. Asegurando a igualdade de dereitos para todas as persoas e a inclusión social activa alonxada do asistencialismo.
Compromiso en orzamentos e planificación a medio e longo prazo.
Coordinación política e técnica entre as administracións e coas organizacións especializadas.
Dialogo Civil. Recoñecemento lexislativo e marco estable de financiamento do Terceiro Sector de Acción Social como alicerce do sistema público de servizos sociais
Unha web sobre a Galicia que importa
A campaña inclúe xuntanzas públicas coas formacións políticas, así como a divulgación dun decálogo no que se resumen as medidas que consideran urxente adoptar e a posta á disposición das votantes unha web específica na que poidan acceder aos contidos da campaña; ao decálogo; ás 50 demandas concretas que a rede reclama das formacións políticas; e máis aos datos da Comunidade no tocante á pobreza, desigualdade, emprego e exclusión social. ter unha visión global e comparativa das propostas que as formacións que concorren ás Eleccións contemplan nos seus programas electorais.
Entre estas medidas urxentes áchase a redución dun 50% das persoas en situación de privación material severa; igualdade de dereitos; apoio á infancia e a mocidade; estratexias de formación e inclusión laboral; emprego digno; erradicación do “curtopracismo” da acción política; inclusión activa e non asistencialista; transparencia; ou aprobación da Lei do Terceiro Sector Social
Na Asemblea acordouse prantexar as diferentes forzas políticas nas vindeiras eleccións municipais a preocupación das organizacións de acción social galegas pola persistencia da burocracia nos diferentes departamentos da administración autonómica, concellos e deputacións. Tras lembrar o X aniversario da creación da Rede, a Asemblea Ordinaria de EAPN Galicia comezou coa aprobación da entrada como novo…
No obradoiro “Como imos fomentar a participación nas nosas entidades e en EAPN GALICIA” fíxose balance do que se está a facer dende as entidades para promover a participación e en que se debe mellorar como rede. A complexidade de xerar, manter e promover participación das persoas en risco de pobreza ou exclusión social foi…
O Grupo de Comunicación de EAPN Galicia estrea coordinadora (Alba Iglesias de Down Galicia) e ven de ter a súa xuntanza de avaliación do 2018 e planificación do 2019. Na xuntanza estivo marcada pola despedida dos nosos compañeiros David Otero (ata agora coordinador do Grupo como membro de Alzheimer Galicia) e Noe González (de EAPN Galicia),…
O primeiro obxectivo deste grupo é elaborar un decálogo cos compromisos mínimos de EAPN e as súas entidades membro para implantar a perspectiva de xénero en todas as áreas de intervención e avanzar cara á equiparación de dereitos e condicións entre homes e mulleres . Un documento que será presentado na vindeira Asemblea para a súa aprobación. Unha das actuacións…
O informe “Estado de la pobreza 2018″ en Galicia revela que aínda que máis de 78.000 persoas sairon da situación de risco de pobreza no 2017, ainda quedan máis de 612.000 nesta situación. A melloría das cifras xerais non está chegando ás mulleres. O 24,4% siguen en risco de pobreza e/ou exclusión social, frente ao…
Onte, 17 de outubro, no Parlamento de Galicia, con motivo da celebración do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, o seu presidente, Miguel Santalices, xunto á Conselleira de Política Social, Fabiola García e o presidente de EAPN Galicia-Rede Galega contra a Pobreza, Antonio Hernández, inauguraron a exposición “Ninguén á marxe #ContraPobreza”. Acompañados de deputadas e…
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable poden ser unha excelente base para instaurar o novo Plan Estratéxico de Galicia 2021-2027. O 4 de outubro, EAPN-Galicia participou na xornada sobre a Implantación da Axenda de Desarrollo Sostible na Xunta de Galicia, que a Coordinadora Galega de ONGD organizou en Santiago. Entre os diversos elementos de cambio que…
“Sen empatía, nin a participación política nin a gobernanza son posibles” .Unha das conclusións que dende Galicia se presentaron no XII Encontro de Participación, Gobernanza e Dereitos, nas Palmas de Gran Canaria, e que contou con presenza de máis de 140 persoas de todo o país. A Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a…
A delegación galega xa ten preparadas as súas demandas contra a pobreza e a exclusión social que presentará no XII Seminario Estatal de Participación do 12 ao 14 de setembro. O 6 de setembro o grupo de participación de EAPN-Galicia reuniuse na Sede de EMAÚS en Vigo, para realizar un obradoiro de formación e xeración de propostas en…
Case dous millóns de fogares perderán en outubro o Bono Social Eléctrico se non se acollen ao novo modelo. Galicia contaba ata o momento con dúas liñas de subvencións para paliar a pobreza enerxética. Por unha banda, o Ticket Eléctrico (180 € ao ano), dirixido a fogares con ingresos inferiores a 1,5 veces o IPREM (11.278…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario