Inicio / destacadas / novas / Seminario: Como afecta a reforma laboral ás entidades do Terceiro Sector?
Seminario: Como afecta a reforma laboral ás entidades do Terceiro Sector?
— 16 Marzo, 2022Comentarios desactivados en Seminario: Como afecta a reforma laboral ás entidades do Terceiro Sector?693
Comparte!
Neste seminario on line organizado por EAPN Galicia e a Fundación Esplai analizouse o impacto da reforma laboral nas contratacións de persoal nas entidades do Terceiro Sector e nas fomentadas nos diferentes programas de inserción sociolaboral de persoas en vulnerabilidade.
A reforma laboral ten unhas implicacións notables e en moitos casos descoñecidas tanto no aumento dos custes laborais nas entidades como para poder cumprir os requisitos de inserción laboral dos programas en marcha.
O 24 de marzo EAPN Galicia, en coordinación coa Fundación Esplai Cidadanía Comprometida, organizaron esta xornada co obxectivo de coñecer como afecta ás entidades do Terceiro Sector e as súas implicación nos diferentes programas de inserción sociolaboral de persoas en vulnerabilidades. Esta actividade celebrouse no ano en que Santiago de Compostela é a capital española da economía social.
Tratouse dun seminario puramente técnico, orientado á resolución de dúbidas e dirixido fundamentalmente a persoal directivo ou xerencias de entidades do Terceiro Sector, aínda que aberta a outras profesionais interesadas.
Nunha primeira parte xunto a Eduardo Izquierdo, experto da Fundación Esplai proporciou información sobre as implicacións da reforma laboral nas entidades do Terceiro Sector. Na segunda, xunto a responsables da Consellería de Emprego e Igualdade, procurouse informar de como se vai aplicar a reforma laboral nas diferentes convocatorias que afectan a entidades non lucrativas, tanto as de inserción nas propias entidades como nas diferentes liñas de inserción sociolaboral
Comparte!Xunto á Asociación de Mulleres Rurais de Medeiros (Monterrei, Ourense) e con mulleres de Allariz e Taboadela organizouse este grupo de diálogo no marco do programa MIRADAS de EAPN España no que se busca diagnosticar a presenza e demandas das mulleres que viven en zonas rurais en relación coas tecnoloxías da información e as comunicacións….
Comparte!Co recadado na anterior campaña, 141 organizacións de acción social poideron levar a cabo máis de 500 proxectos que beneficiaron de xeito directo a 105.000 persoas Na campaña anterior, en Galicia 744.082 persoas marcaron a X Solidaria, 8.377 persoas máis que hai dous anos, recadándose un total de 19.635.313€. Se todas as galegas e galegos…
Comparte!EAPN Galicia busca unha persoa para coordinar e responsabilizarse do Programa Integrado para o fomento da empregabilidade de persoas en situación ou risco de pobreza ou exclusión social e para a elaboración e impulso das propostas de incidencia política en materia de emprego e inclusión sociolaboral. Buscamos unha ou un profesional con experiencia tanto na…
Comparte!O contexto de crise social, económica e sanitaria xerado ao redor da COVID-19, está a evidenciar a fraxilidade dos dereitos alcanzados polas mulleres e a desigualdade xa existente, sostida por un sistema social, político e económico que trata de maneira diferencial a homes e mulleres. No 2022 a Xunta de Galicia debe por en marcha…
Comparte!As persoas en pobreza ou vulnerabilidade denuncian a condea á exclusión financeira ao negarlles en moitas entidades bancarias o dereito a unha conta bancaria básica gratuita, embargando contas a perceptoras de rendas mínimas ou cargando comisións abusivas. Na campaña #AporofobiaBancaria e no seminario “Inclusión financeira: enfoque de dereitos ou aporofobia bancaria?” presentáronse as conclusións e demandas…
Comparte!Asinamos a nova Axenda Social Única de Galicia impulsada polos tres piares do sistema galego de servizos sociais: Xunta, FEGAMP e o Terceiro Sector de Acción Social con enfoque de defensa de dereitos. Na Axenda se recollen múltiples demandas de EAPN Galicia. Dende a educación universal e de balde para nenos e nenas de 0…
Comparte!As entidades de acción social das redes EAPN de toda España comprométense a denunciar a aquelas forzas políticas, sociais, mediáticas ou institucións que difundan discursos de apoloxía do insulto, a violencia, o odio, o racismo ou a xenofobia e que agreden e perxudican directamente ás persoas máis vulnerables. Na Asemblea xeral de EAPN España, celebrada…
Comparte!Contratación dependente da Subvención para o fomento do emprego dos programas de cooperación da Xunta. EAPN Galicia busca unha persoa titulada en Traballo Social, para formar parte da entidade durante 12 meses, exercendo funcións de reforzo e fomento da participación, inclusión sociolaboral, traballo en rede, análise de normativa e documentación xurídica e formación de persoas…
Comparte!Máis da metade das mulleres maiores de 16 anos (57,3%) residentes en España sufriron violencia ao longo das súas vidas por ser mulleres. A acentuación dos roles de xénero durante o confinamento, as dificultades para acceder a protección e a pobreza, agravan a situación das mulleres vítimas de violencia de xénero. Con motivo do 25…
Comparte!O informe ‘Estado da pobreza en Galicia 2020’ revela que 694.367 persoas, o 25,7% da poboación galega, estaba en risco de pobreza ou exclusión social (AROPE) no 2020, 38.389 máis que o ano anterior. A feminización da pobreza agrávase trala excepción do 2019. A taxa AROPE nas mulleres sube do 24,1% ao 26,2% no 2020,…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.