Seguiremos comunicando e defendendo dereitos no 2019

0 395
Comparte!
O Grupo de Comunicación de EAPN Galicia estrea coordinadora (Alba Iglesias de Down Galicia) e ven de ter a súa xuntanza de avaliación do 2018 e planificación do 2019.

Na xuntanza estivo marcada pola despedida dos nosos compañeiros David Otero (ata agora coordinador do Grupo como membro de Alzheimer Galicia) e Noe González (de EAPN Galicia), e darlles a benvida a Lucía Caride (Fundación Erguete) como nova incorporación a este grupo e a Alba Iglesias (Down Galicia) como nova coordinadora do mesmo.

Evaluouse o traballo realizado ao longo do 2018, con éxitos como a campaña da X Solidaria, o seminario de Organización e Produción dun Evento Solidario” a creación do Boletín “En Rede Social”, ou as iniciativas de comunicación con medios en redes sociais con motivo dos Seminarios de Participación (#ReclamoIgualdade) , Día da Xustiza Social (#MentirasPobreza) ou Día Internacional para a erradicación da Pobreza (#ContraPobreza)

Tamén se revisou a folla de ruta do 2019, no que se organizarán novos cursos formativos relacionados coa metodoloxía técnica e ética da nova Lei Orgánica de Protección de Datos e Imaxe, ou como combatir o discurso do odio nas redes sociais, para seguir construíndo a nosa loita real contra a aporofobia, os prexuizos e as #MentirasPobreza.

Editarase un manual sobre linguaxe inclusiva e farase unha difusión específica do exitoso boletín EnRedeSocial, que en apenas 4 meses dende o seu lanzamento xa ten case 300 persoas suscriptoras interesadas en coñecer as novas das organizacións do Terceiro Sector galego implicadas na loita contra a pobreza, a exclusión e a desigualdade social e de xénero (podes subscribirte aquí).

Seguirán tendo continuidade, eventos e actos relacionados coa X Solidaria e cos días da Xustiza Social e no Día Internacional para a Erradicación da Pobreza e por suposto, contuinuaranse apoiando todas as causas das entidades membro da Rede.

Traballo non vai faltar, pero a causa común que nos une ben paga a pena: “Somos entidades do Terceiro Sector de Acción Social implicadas na loita contra a pobreza, a exclusión e a desigualdade social e de xénero. Que traballa polas mesmas causas, desde un enfoque de dereitos pola defensa dos intereses das persoas en situación ou risco de pobreza e da súa participación comunitaria plena, mediante a incidencia política e social propositiva

Seguimos!

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies