Sen igualdade real non haberá xustiza social #NosParamos

0 829
Comparte!

Neste 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, dende EAPN Galicia reivindicamos, en liña coas Nacións Unidas, avanzar cara un planeta 50-50 para o ano 2030.

Asemblea Cooperación Pola Paz (ACPP)

Fonte: Asemblea Cooperación Pola Paz (ACPP Galicia)

Soamente o 50 por cento das mulleres en idade de traballar están representadas na poboación activa mundial, fronte a un 76 por cento dos homes. As mulleres concentran os empregos peor remunerados e con menos cualificacións, con pouca ou ningunha protección social.

Non podemos esquecer que a brecha que separa aos homes das mulleres en situación de exclusión seguiu ampliándose nos últimos anos. Atrapadas no círculo da pobreza, as mulleres carecen en moitos casos de acceso a recursos e servizos que revertan a súa situación.

Nun mundo cada vez máis desigual, mulleres xitanas, migrantes, sen fogar, con discapacidade, etc. viven a discriminación múltiple. Tanto en España como no resto do mundo, se enfrontan a unha loita diaria polo recoñecemento e defensa da súa dignidade, arriscando incluso as súas vidas. Como ben nos din dende as ONG de Desenvolvemento, tras décadas de traballo con organizacións feministas de todo o planeta, temos moi claro que non hai desenvolvemento humano sostible sen igualdade de xénero.

Unicamente cando as mulleres dispoñan das oportunidades, medios e recursos que lles permitan superar o círculo vicioso da pobreza e a exclusión social, estaremos na senda do desenvolvemento humano inclusivo, que non deixe a milleiros de persoas na cuneta.

Nun ano especialmente duro polo número de vítimas da violencia machista e nun momento histórico de retroceso de dereitos e liberdades, debemos alzar máis que nunca a voz pola igualdade e a xustiza social. Por isto, sumamonos ao Paro Internacional de Mulleres convocado para hoxe ás 12h, así como ás mobilizacións convocadas en España e no mundo, para denunciar unha vez máis que a desigualdade e a violencia de xénero avanzan se non se lles combate.

Algúns datos no mundo

En todo o mundo unha de cada tres mulleres sufriu violencia física ou sexual, principalmente por parte dun compañeiro sentimental.

O 70% das persoas pobres no mundo son mulleres. Segundo Nacións Unidas, as mulleres realizan o 66% do traballo no mundo, producen o 50% dos alimentos, pero unicamente perciben o 10% dos ingresos e posúen o 1% da propiedade.

No mundo máis de 47.000 mulleres morren por abortos inseguros, principalmente en países empobrecidos.

Algúns datos en España

O 83% de persoas que coidan a unha persoa en situación de dependencia son mulleres.

A dedicación diaria das mulleres ás actividades do fogar e coidados duplica a dedicación dos homes.

As mulleres son as principais destinatarias do emprego a tempo parcial (7 de cada 10), con baixos salarios e escasa protección social.

As mulleres maiores de 65 años perciben prestacións menores: en España a pensión contributiva media do home é de 1.209 euros, e a das mulleres é de 745 euros.

As mulleres ocupan menos de 2 de cada 10 alcaldías en España (19%), e non acadan o 20% dos postos nos Consellos de Administración do Ibex-35, incumprindo así a Lei de Igualdade.

As diferentes violencias que se exercen sobre as mulleres provocan discriminacións, sufrimento e mortes: 20 mulleres foron asasinadas en España por violencia machista durante 2017 segundo o movemento feminista, aínda que as cifras oficiais soamente recollen 15.

Algúns datos en Galicia (IGE)

As mulleres supoñen o 76% das persoas con emprego a tempo parcial, e case o 60% afirma que se atopa nesta situación por non atopar outro tipo de contrato.

A taxa de precariedade no emprego (2016-IV) é 28,39 en mulleres, mentres que nos homes se atopa tres puntos por debaixo (25,01).

A utilización das excedencias para o coidado de fillos é o reflexo do atraso no que a corresponsabilidade se refire: 9 de cada dez mulleres a pediron no 2015 (90,92), fronte ao 9,08% dos homes, nin un de cada dez.

Esta falta de igualdade prolóngase toda a vida, xa que a pensión media mensual que percibe un home é de 958,03€, mentres que a de unha muller é de 605,45€.

Fonte: El Correo Gallego

Fonte: El Correo Gallego

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies