Traballando contra a pobreza e a aporofobia en Portugal e Galicia

1 266

O 21 de xuño tivo lugar en Valença do Minho un encontro entre EAPN Galicia e EAPN Portugal co obxectivo de coñecer as diferentes dinámicas e procesos de participación que se levan a cabo en cada unha delas.

Tratouse dun espazo de reflexión sobre o traballo desenvolvido por cada unha das redes e o intercambio de experiencias.

A través do debate aberto diferentes persoas, tanto técnicas como participantes, amosaron a súa experiencia e coñecemento dende unha visión crítica e constructiva. Esto permitiunos facer unha análise dos principais obstáculos, problemas, éxitos e potencialidades do proceso de participación.

Por outra banda, e motivado tamén polo estudo “Pobreza infantil e patróns de consumo das familias con menores na eurorrexión Galicia – Norte de Portugal” decidiuse afondar neste tema e comezar a debuxar unha proposta de traballo transfronteirizo a desenvolver no futuro entre Galicia e o norte de Portugal.

Dende ambas redes reclamarase que o neoloxismo “aporofobia” (odio as persoas en pobreza) sexa recoñecido tamén oficialmente na lingua portuguesa, como ven de facer a Real Academia da Lingua Galega.

Similar articles

1 Comentario

  1. Luis Enrique Veiga 7 Febreiro, 2019 at 10:15 a.m.

    ##comentario:
    Un aspecto que está a facer máis dano ao aporofobia damnificados é a criminalización agocho contra a diferentes niveis da administración é practicada contra as persoas na rúa. Esta situación só é percibido cando está vivindo con eles e afecta feitos que aínda son practicados co cotián do meu punto de vista:
    1.- Bases de datos de servizos sociais baixo control policial
    2.- A integración proposta do sistema tradicional chamado escaleira é falso e leva unha e outra vez á rúa, por pura precariedade no desempeño dos servizos.
    3.- Invisibilidade que aínda é practicada abertamente de certas institucións.
    Eu entendo que estes aspectos deben ser avaliados a partir do campo de aporofobia leva algún grao de criminalización. Non entendo que o Ministerio persegue crime de odio, indirectamente é practicado ou, polo menos consentimentos dentro das súas institucións. Cando eu penso do aporofobia algo novo e de novo me leva ao punto de partida, inexplicable que é aporofobia institucional.
    A loita algo inútil ata agora, aínda que ela é percibida intensidade: O aporofobia é tan punitiva que a motivación subxacente é estigmatizar e castigar os pobres. Non podo pensar en calquera outra razón que non sexa animosidade contra eles. Luis Enrique

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies