UNHA DE CADA CINCO PERSOAS EN ESPAÑA VIVE BAIXO O LIMIAR DA POBREZA, SEGUNDO O ÚLTIMO INFORME DO INE PARA 2011

Comentarios desactivados en UNHA DE CADA CINCO PERSOAS EN ESPAÑA VIVE BAIXO O LIMIAR DA POBREZA, SEGUNDO O ÚLTIMO INFORME DO INE PARA 2011 21

Tasa de riesgo de pobrezaO Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou os datos da Enquisa de Condicións de Vida da poboación española para 2011. Segundo este informe, o 21,1% da poboación atópase por baixo do limiar de pobreza este ano, fronte ao 21,8% de 2011, un descenso de sete décimas que se explica polo efecto da estabilidade dos ingresos dos maiores de 65 anos, a pesar da redución dos percibidos polo resto da poboación.

Case o 36% dos parados atópase en risco de pobreza fronte a un 13,3% dos ocupados. Tamén hai unha notable diferenza entre poboación estranxeira e española, un 43,5% dos estranxeiros fronte a un 19,8% dos españois. O 40% non ten capacidade para afrontar gastos imprevistos. Son catro puntos máis que o ano anterior. Sitúase no 44% o número de familias que non pode ir de vacacións e aumentan até o 7% os fogares que teñen atrasos para pagar as facturas. O nivel medio de ingresos descende un 1,9% respecto de 2011, situándose o nivel de 2006.

O Coeficiente Gini que se emprega para medir a desigualdade, sitúase no 34%, subindo catro puntos dende o inicio da crise en 2008.

Galicia (18,8%) atópase tres puntos por baixo da media estatal, aínda que moi afastada de Asturias (9,9%) ou Navarra (8.8%) que son as que teñen menor índice de pobreza. É notable o aumento da taxa de risco de pobreza en Galicia en comparación co ano anterior (2010: 16,8%).

Un dato de especial gravidade é que máis do 60% da poboación en Galicia ten xa dificultades (moitas dificultades, certas ou dificultades) para chegar a fin de mes.

Por último sinalar que o INE calcula o limiar de pobreza nuns ingresos medios anuais determinados. Para calculalo séguense as indicacións da oficina europea Eurostat que sitúa o limiar no 60% do consumo medio. Por tanto, o limiar sobe ou baixa segundo aumente a media de ingresos, se a economía marcha ben e os ingresos medios son elevados, tamén se eleva o limiar de pobreza. Este ano as persoas que viven na pobreza son “aínda máis pobres” que o ano anterior.

NOTA DE PRENSA DO INE: pulsa aquí (http://www.ine.es/prensa/np740.pdf)

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR