Xa está en marcha #Pobreza24M “Concellos ao servizo das persoas”

0 652

EAPN-Galicia busca que os candidatos/as ás eleccións municipais se comprometan na loita contra a pobreza e que os votantes reclamen este compromiso nos seus concellos

Non abondan as palabras contra a pobreza e a exclusiónCada día, 12.866.430 persoas en España (27,3% da poboación) e 672.123 galegos e galegas (24,3%) ven como se lles nega o seu dereito a unha vida digna e a unha auténtica inclusión social e laboral.

O fracaso da loita contra esta situación débese en grande medida á falta de compromiso político na atención ás persoas por parte de moitos concellos, ás carencias na coordinación entre os distintos axentes, á corrupción política e á falta de transparencia. Ademais, existe un enfoque incorrecto na loita contra a pobreza, xa que se presenta cun carácter asistencialista no canto de avogar por unha actuación inclusiva.

 

Xa non abondan as palabras. Queremos compromisos

A través de Concellos ao servizo das persoas EAPN-Galicia lanza esta pregunta a todas as candidaturas ás eleccións municipais galegas: “Cre que a principal prioridade no seu concello debe ser a mellora da calidade de vida e a dignidade das persoas, especialmente as que se atopan nunha situación de pobreza ou exclusión social?”

A resposta por parte das persoas candidatas virá en forma de sinatura, ou non, do documento Compromiso coas persoas, unha declaración de 15 principios que os candidatos asinantes comprométense a cumprir.

O escrito inclúe medidas como o aumento drástico da coordinación e colaboración para a loita contra a pobreza e a abordaxe da situación cun enfoque inclusivo, concluíndo que en 2016 terá reducido nun 15% o total das persoas que se atopan en risco de exclusión no seu concello. O compromiso pide ademais que no 2016 se dedique un mínimo de 110€ por habitante ao ano á partida orzamentaria de actuacións de protección e promoción social (promedio do adicado polos concellos e deputacións galegas no 2013). De non ter acadados estes dous principios, a persoa candidata comprométese a dimitir.

Ao cabo da lexislatura, o compromiso implica reducir nun 25% as persoas que se atopan en pobreza ou exclusión (cumprindo así o establecido na Estratexia Europa 2020) e aumentar os orzamentos sociais a 160€ por habitante e ano.

 

Comprométese o teu concello? Comprobao e actúa.

A campaña conta ademáis coa web www.pobreza.gal, onde aparece información obxectiva sobre datos de pobreza e exclusión, gasto social e transparencia de todos os concellos galegos, así como información sobre candidaturas e partidos que se van unindo a esta campaña a través da sinatura do compromiso.

Así mesmo, búscase a implicación dos galegos e galegas para que sexan cidadáns e cidadás activos/as, comprobando os datos no seu concello e demandando aos seus candidatos que asinen as 15 demandas do “Compromiso coas persoas”, documento que será achegado pola EAPN-Galicia aos partidos políticos galegos.

Nesta ligazón podes coñecer máis detalles sobre a campaña Concellos ao servizo das persoas, coñecer o que inviste o teu concello en loitar contra a pobreza e mesmo instar aos candidatos e candidatas a que asinen o “Compromiso coas persoas”.

Máis información

Nota de Prensa 100315 Concellos ao servizo das persoas

Concellos ao servizo das persoas Presentación campaña 100315

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

CAPTCHA Image

(obrigatorio)

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR