Mais de 128.000 persoas recibiron estas máscaras cedidas polo Ministerio de Sanidade a través da Delegación do Goberno en Galicia grazas á intermediación directa de 35 entidades do Terceiro Sector Social membro das redes EAPN.
Acto de entrega das máscaras na Delegación do Goberno en A Coruña, con representantes de EAPN Galicia, CERMI Galicia, Cruz Vermella e Cáritas
EAPN Galicia-Rede Europea contra a Pobreza, en coordinación con EAPN España rematou de repartir entre as entidades de acción social galegas ás 162.000 máscaras que foron cedidas polo Ministerio de Sanidade a través da Delegación do Goberno para os persoas en situación de vulnerabilidade. Este novo reparto súmase aos catro anteriores acadando un total de 623.000 máscaras e que xa foron distribuídas dende decembro de 2020.
Persoas en pobreza ou exclusión, maiores, con discapacidade, mulleres vítimas de violencia machista, familias migrantes, nenos e nenas… son as que reciben estas máscaras grazas á intermediación directa entre as entidades membro da rede. Estimase que preto de 35.600 persoas da comunidade se beneficiarán de este último envío, o que sumándose ás dos envíos anteriores ascenderá ás 128.500 persoas beneficiadas.
O reparto das máscaras que chegarán ás persoas beneficiarias de programas e proxectos faise a través de 35 entidades integradas en EAPN. Por exemplo; a través de Ecos do Sur protéxense a 800 persoas inmigrantes e emigrantes retornadas, con Accem chégase a 300 persoas refuxiadas e inmigrantes, a Federación Alzheimer Galicia permite sumar 200 persoas beneficiarias, Autismo Galicia protexe a 166 persoas con autismo e as súas familias, a Fundación Juan Soñador a 1000 mozos e mozas e a Confederación Galega de Discapacidade- COGAMI chega a outras 6.000 persoas máis.
Pero moitas máis entidades como Acción Contra a Fame, Amaranta, Arela, Boa Vida, CDR O Viso, CDR Portas Abertas, Down Galicia, Emaús, Fundación Érguete, Feafes, Fegadace, Igaxes, Médicos do Mundo, Meniños, MPDL, Provivienda, Radio ECCA, Fundación Ronsel, Fundación Secretariado Xitano , Cociña Económica de Santiago, Albergue Xoan XXIII ou Asociación Aveiro tamén contaron con caixas de máscaras para repartir entre as persoas en situación de vulnerabilidade.
Os actos de entrega das máscaras fixéronse na Delegación do Goberno en A Coruña, xunto a representantes de CERMI Galicia, Cruz Vermella e Cáritas que tamén están a facer este reparto entre ás persoas que o precisan.
Fai un comentario