A Coordinadora Galega de ONGD xunto con EAPN Galicia, Agareso e Ecos do Sur organizaron este evento para aprender de experiencias e proxectos inspiradores e persoas expertas nas narrativas e no discurso do odio dende diversos ámbitos, así como para coñecer e crear rede entre as múltiples iniciativas postas en marcha para difundir o discurso alternativo e maioritario de defensa dos dereitos e a dignidade das persoas.
O día anterior ao Cumio, 15 de xuño, o foco estivo dirixido á comunidade educativa e de educación para a Cidadanía Global, coa ponencia “Educando na diversidade”. Pero a do venres está aberta a todas as persoas que desexen asistir.
O 15 e 16 de xuño a Coordinadora Galega de ONGD xunto con EAPN Galicia, Agareso e Ecos do Sur organizaron en Santiago de Compostela (edificio CIEDUS da Universidade de Santiago). o II Cumio contra os discursos de Odio para coñecer e crear rede entre as múltiples iniciativas postas en marcha para difundir o discurso alternativo e maioritario de defensa dos dereitos e a dignidade das persoas.
A xornada do venres 16, co lema “Intelixencia artificial, sesgos e narrativas” estivo especialmente dirixida a organizacións e colectivos sociais, así como a calquera persoa con interese na comunicación, a tecnoloxía, e educación, etc. O 15 de xuño o foco estivo na comunidade educativa e de educación para a Cidadanía Global, coa ponencia “Educando na diversidade”.
Como xa se fixo no primeiro Cumio Galego contra o Odio no 2021. E crecente a preocupación das organizacións sociais do Terceiro Sector pola expansión do discurso de odio e a aporofobia entre a poboación non só na súas manifestacións políticas a través das redes sociais ou nos debates televisivos, senón tamén na súa presenza cada vez máis frecuente nos centros educativos, nos espazos de ocio ou en produtos culturais.
Pero fronte a este discurso, o Cumio pretendeu dar visibilidade e por en común algunhas das múltiples iniciativas e proxectos postos en marcha no noso territorio para difundir novas narrativas, que defenden a convivencia pacífica e tolerante e que loitan contra o odio e a discriminación dende o ámbito xudicial, educativo, comunitario, narrativo e do ciberactivismo.
Así, o venres 16 o Cumio recibiu á xornalista e investigadora Paula Guerra Cáceres, do colectivoAlgoRace-(Des)racializando la Inteligencia Artificial (IA), que presentou o informe “Una introducción a la IA y la discriminación algorítmica para movimientos sociales”. Tamén a Vivian Rangel, xornalista, investigadora e docente de Maldita.es, con quen se falou das narrativas da desinformación e de como desmontalas dende as nosas organizacións ou dende a nosa práctica persoal. Houbo tempo para participar nunha dinámica de intercambio de experiencias inspiradoras e boas prácticas. E de coñecer testemuños e estratexias contra o odio desenvolvidas por activistas e colectivos en Latinoamérica.
No intercambio de experiencias, dinamizado dende EAPN Galicia, contouse con:
Ademais, a ONGD Ecos do Sur aproveitou o espazo do Cumio para compartir a experiencia de realidade virtual inmersiva The Machine To Be Another. Un proxecto que vén de activar coa organización Be Another Lab sobre as dificultades que vive unh persoa migrante e que está actualmente en fase de testeo.
O programa Castañas no verán, realizado polo equipo de voluntariado de AGARESO, resumiu o Cumio nuns poucos minutos, da man dalgunhas das súas protagonistas
Unha sociedade civil movilizada contra o odio
Fronte e en paralelo a un aparentemente abrumador e artificial crecemento do discurso do odio en redes sociais e parlamentos, nos últimos anos veñen xurdindo multitude de iniciativas postas en marcha por persoas e organizacións para xerar narrativas alternativas e poñer en valor a tolerancia e a xustiza social.
Presentación da campaña #ContraAporofobia Santiago de Compostela 2019
No 2015, as entidades membro de EAPN Galicia aprobaron por unanimidade o Código de conduta e boas prácticas na comunicación da pobreza e a exclusión social, comprometéndose a “fomentar un discurso responsable e xusto, afastado de estereotipos e mecanismos que produzan ou manteñan as situacións de discriminación” Sen sabelo, este decálogo foi o primeiro esforzo para xerar un discurso de narrativas alternativas e en positivo, lonxe do asistencialismo e a culpabilización e estigmatización das persoas en pobreza ou exclusión social.
As persoas non son culpables da súa pobreza. Non o son as nenas e nenos nin as súas nais e pais. Tampouco o son da súa exclusión as persoas con discapacidade, migrantes, refuxiadas ou da comunidade xitana, as mozas e mozos tutelados ou as persoas privadas de liberdade.
Ninguén é culpable do seu sufrimento. Non o son as mulleres vítimas de violencia machista. Nin pola súa orientación ou identidade sexual.
Ningunha persoa é inútil, xa sexa moza, desempregada, xubilada ou se atope sen fogar, todas son quen de achegar ao crecemento, enriquecemento e cohesión da sociedade.
As persoas que sofren e denuncian estas e outras moitas mentiras ou as que afirman que «o máis perigoso dos prexuízos é cando ti mesmo os cres» non están soas. Os poderes públicos temos a responsabilidade de garantir as medidas necesarias para reducir as desigualdades sociais, combater a discriminación e favorecer o respecto, a tolerancia e a participación activa de todas as persoas.
Temos tamén o compromiso de difundir e poñer o foco nas experiencias positivas e nos exemplos maioritarios de harmonía e convivencia normalizada, loitando contra a desinformación e evitando a instrumentalización ou as visións distorsionadas das persoas que viven situacións de exclusión social.
Comparte!A xornada terá lugar en Santiago de Compostela, o 19 de outubro, culminando así un ano de intenso traballo en torno as rendas mínimas a nivel estatal (IMV) e autonómico (RISGA). Está aberta a calquera profesional ou estudiosa do sistema galego de garantía de ingresos: A Administración Local e Autonómica e o Terceiro Sector de…
Comparte!O 12 de setembro tivemos o I Encontro do Forum Xurídico do Terceiro Sector de Galicia na defensa dos dereitos das persoas A xuntanza entre profesionais que se atopan vinculados á área xurídica serviu para coñecer as posibilidades de apoio e aprendizaxe mutuo, traballo en rede, difusión de coñecemento e denuncia do maltrato xurídico. O…
Comparte!Un seminario de interese para calquera organización de acción social, cooperación, medioambiental ou cultural. con interese en coñecer os servizos e produtos da Banca Etica FIARE para a xestión da operatividade cotiá, a captación de fondos, a xestión da tesoureiría ou ferramentas de financiamento e crédito. 28 de setembro de 10:00H a 11:15h por Zoom….
Comparte! A inclusión sociolaboral das persoas en risco de pobreza ou exclusión social que poden traballar é posible: así o demostran as 14 entidades do Terceiro Sector de Acción Social, coordinadas por EAPN Galicia, que conforman a #RedeEmpregoDigno O V Seminario tiña como obxectivo recoller as boas prácticas do ‘Programa integrado para o fomento da…
Comparte!Con esta decisión de custe cero, o sector empresarial ten a oportunidade de financiar unha gran diversidade de proxectos sociais e ambientais, desenvoltos por entidades do Terceiro Sector e dirixidos á loita contra a pobreza e a exclusión social. No último exercicio recadáronse 43 millóns de Euros en toda España, apenas o 23% dos 225…
Comparte!O 6 de xuño e baixo o lema “Emprego, a toda costa?” EAPN Galicia organizou en Santiago de Compostela o XIV Encontro de Participación Social. Un evento con espazos inclusivos no que persoas en situación de vulnerabilidade traballan na elaboración de propostas de incidencia política . O tema central deste ano foi a elaboración de…
Comparte!EAPN Galicia e as suas entidades membro propoñen a todas as candidaturas das eleccións municipais do 28 de maio 5 principios e 8 prioridades para reducir a pobreza e a exclusión nos concellos. Ante a gravidade da emerxencia do acceso a unha vivenda digna e accesible que xa afecta á maioría das persoas en pobreza,…
Comparte!O 15 e 16 de xuño EAPN Galicia, a Coordinadora Galega de ONGD e as entidades do Terceiro Sector Galego organizan en Santiago de Compostela o II Cumio contra os discursos de Odio para coñecer e crear rede entre as múltiples iniciativas postas en marcha para difundir o discurso alternativo e maioritario de defensa dos…
Comparte!Dende o 3 de abril e ata o 30 de xuño, o equipo de Galicia realizará o traballo de campo do proxecto Acceso Vital impulsado por EAPN España para facilitar o acceso ao Ingreso Mínimo Vital (IMV) ás persoas que tendo dereito ao mesmo non o solicitan (Non Take-Up). En A Coruña, Ames, Camariñas, Carballo,…
Comparte!Na campaña do ano 2022, en Galicia 750.867 persoas marcaron a X Solidaria, 785 persoas máis que no ano anterior, recadándose un total de 21.391.293€. Se todas as galegas e galegos marcasen o recadro 106, a asignación final en Galicia sería de 35.027.060€, é dicir, 13.635.767€ máis dos recadados. Durante este ano, as organizacións de…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario