Como Rede de Entidades Sociais que loitan contra a Pobreza, consideramos que esta pandemia está a ter un impacto negativo nas desigualdades de xénero e sociais xa existentes. Os fogares en risco ou situación de pobreza ou exclusión están en peor situación, posto que contan con menos resursos, opcións e rede de apoio, especialmente aqueles fogares con persoas dependentes a cargo (infancia e persoas con discapacidade e/ou dependencia) e aqueles con ingresos procedentes de prestacións ou emprego precario.
Por todo isto, neste apartado, presentamos a batería de propostas de EAPN España e EAPN Galicia, así como outros posicionamentos específicos de entidades sociais galegas.
EAPN – ES realizou unha enquisa a 90 entidades sociais en 11 comunidades autónomas, co obxectivo de detectar as necesidades das persoas que atenden durante a crise provocada polo coronavirus, así como sus demandas para seguir desempeñando programas e proxectos de atención á poboación máis vulnerable.
- Igaxes: Seis propostas para protexer a infancia máis vulnerable
- CERMI: Argumentario xurídico de urxencia para esixir unha atención médica sen discriminacións por motivos de discapacidade
- FAGAL propón avanzar no modelo de atención nos centros residenciais de persoas maiores
- POIG: Medidas da Plataforma da Infancia de Galicia ante o COVID-19
- Accem: A necesidade de protexer – (CASTELÁN)
- Cáritas:
- Federación de Asociaciones de Madres Solteras: As familias monomarentais estamos ao límite, non podemos esperar – (CASTELÁN)
- Fundación Secretariado Gitano: Propostas de medidas para a poboación xitana máis afectada pola crise do Coronavirus – (CASTELÁN)
- Médicos do Mundo: que pasa con quenes non teñen casa nin acceso á sanidade? – (CASTELÁN)