España atópase a cola dos países máis desenvolvidos en desigualdade da infancia

0 429
Comparte!
A Vicepresidenta de EAPN Galicia, Mónica Permuy, participou na presentación do informe de UNICEF “Equidade para os nenos. O caso de España”

No informe presentado por Carmelo Angulo, Presidente de UNICEF, reflíctese a situación na que, cada vez máis, se ven inmersos nenos e mozos residentes en España.

Un crecemento do 290% dende 2007 no número de fogares con nenos nos que os adultos están sen traballo, un 33% de risco de pobreza infantil e un 38% en mozos, reflicten unha realidade a que, segundo a entidade, non se lle está dando unha resposta axeitada.

Neste senso, o presidente de UNICEF afirmaba que “ facer fronte ás desigualdades sociais que afectan á infancia debe ser unha peza clave en tódalas políticas relacionadas cos nenos e o seu benestar económico, social e emocional

A Vicepresidenta de EAPN Galicia e o Presidente de Unicef na charla sobre "Equidade para os nenos". Club Faro de Vigo

A vicepresidenta de EAPN Galicia e o presidente de Unicef na charla sobre “Equidade para os nenos”. Club Faro de Vigo

Mónica Permuy de EAPN Galicia recalcalba que “nunha comunidade como Galicia, onde a pobreza e exclusión social afecta a un 25.7% da poboación é fundamental que as política social afonden nesta problemática, poñendo especial atención nos nenos e mozos, que constitúen un dos colectivos máis perxudicados

Co fin de esixir solucións fronte a esta problemática , UNICEF solicita no seu informe que se tomen as seguintes medidas:

  • Prestación por fillo de 1.200 euros anuais, empezando polos fogares con menos ingresos.
  • Máis bolsas escolares e apoio educativo, e educación 0-3 accesible para todos.
  • Garantir de forma universal o acceso á saúde e facer máis accesibles os medicamentos.
  • Tomar o benestar subxectivo infantil en serio: realizar un barómetro de infancia.
  • Mellorar os indicadores e o seguimento da desigualdade, tamén na infancia, e comprometerse con metas nacionais e internacionais.

Se estás de acordo, ÚNETE POLO CAMBIO!

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Rúa República do Salvador 3, 2ºD
Santiago de Compostela
15701 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies