Comparte!

“Foro de debate sobre cláusulas sociais e reserva de mercado na contratación pública” (13 xullo 2010)

Á hora de contratar a terceiros para a xestión dos servizos sociais, as administracións públicas deben atender a criterios socialmente responsables e garantir espazos para a inclusión de todos os colectivos vulnerables. Tales son as premisas que guíaron o “Foro de debate sobre cláusulas sociais e reserva de mercado na contratación pública”, que promoveu a Rede Galega contra a Pobreza, EAPN Galicia.

Nos últimos anos, o modelo de prestación de servizos sociais está a mudar da subvención á contratación. A raíz deste cambio, as administracións públicas tenden a licitar a xestión destes servizos dando excesivo valor ao prezo, o que afecta negativamente á súa calidade.

A xestión dos servizos sociais adxudícase moitas veces a entidades alleas ao sector social que só ven na mesma unha oportunidade de negocio. Este contexto ameaza, xa que logo, con prescindir do enfoque humano, a experiencia a pé de rúa e os valores de participación cidadá que lles son inherentes ás entidades de acción social.

A Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia) propón a incorporación de cláusulas sociais na contrataciónpública, para que esta obedeza a criterios de inclusividade, calidade das condicións laborais, sostibilidade, solidariedade e xestión ética. Asemade, a rede propón a aplicación da reserva de mercado –porcentaxe mínima de contratación- para todos os colectivos en risco de exclusión social, xa que actualmente só rexen para o colectivo de persoas con discapacidade.

Tanto as cláusulas sociais como a reserva de mercados protexidos son instrumentos que contribúen á inserción sociolaboral das persoas e colectivos máis vulnerables da sociedade. Trátase dunha liña de políticas activas de emprego propia dun modelo de desenvolvemento económico social e sostible.

Taula d´Entitats de Catalunya – Cláusulas Sociais
Concello de Avilés
Xunta Consultiva de Contratación Administrativa
Colexio de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local, Coruña
Asociación de Empresas de Inserción de Galicia, AEIGA

DOCUMENTACIÓN

Conclusións Seminario
Relatoria EAPN Galicia
Resolución 2-2010
Relatoría Taula déntitats del TSS de Catalunya
Guía Taula-Cláusulas Sociais
Relatoría AEIGA
AEIGA Mercados Protexidos e Cláusulas Sociais
Relatoría Concello de Avilés
Instrución Concello de Avilés
Xunta Consultiva de Contratación Administrativa
Programa

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies