Non cedan ante a política do insulto e a aporofobia

Comentarios desactivados en Non cedan ante a política do insulto e a aporofobia 0
Comparte!
No acto do Día Internacional de Erradicación da Pobreza Galicia a Valedora do Pobo e o vicepresidente de EAPN Galicia fortalecen a importancia de non ceder ante a política do insulto e a aporofobia e esixen un compromiso real por parte dos poderes públicos na loita contra a pobreza.

No marco do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, nun acto presidido pola Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, o vicepresidente de EAPN Galicia, Daniel Bóveda, en representación das entidades que conforman a rede, presentou os retos na loita contra a pobreza e a exclusión social no acto celebrado na sede da Valedora do Pobo, en Santiago de Compostela.

Ademais de presenza da propia Valedora, neste acto estiveron presentes o Vicepresidente do Parlamento, deputadas e deputados de todos os grupos parlamentarios e o Director Xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia. Participaron tamén responsables da Coordinadora Galega de ONGD, Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, Colexio de Educadoras e Educadores Sociais e de Traballo Social.

Daniel Bóveda, vicepresidente EAPN Galicia, Lara Rives e tres estudantes de Traballo Social e voluntarias, Eva Morales, Iago Aperador e Uxía Fernández, xunto á Valedora do Pobo, Dolores Fernández

Algunhas persoas saen da pobreza severa, pero non para ter garantida unha vida digna

Dende EAPN Galicia valoramos os avances na redución da pobreza severa mais aínda quedan eivas que nos competen a toda a sociedade civil e política tal e como manifiestan os últimos datos sobre pobreza e exclusión social”, afirmou Daniel Bóveda referíndose ao datos e conclusións do informe ‘Estado da pobreza en Galicia 2019’ que se presentou o día anterior.

Congratulámonos pola redución das persoas con privacións materiais severas ou en situación de pobreza severa (con ingresos inferiores aos 370 € ao mes para fogares dunha soa persoa ou de 776 euros ao mes para fogares de dous adultos e dous menores). Tamén é positiva a redución da taxa de pobreza nas mulleres, paliando en parte o flagrante fenómeno da feminización da pobreza ou comprobar que Galicia é unha das cinco comunidades que conseguiron reducir as cifras de pobreza e exclusión dende o comezo da crise económica no 2008.

Porén preocúpanos que coas medidas de emerxencia actuais, algunhas persoas saen da pobreza severa, pero non para ter garantida unha vida digna. Podemos estar seguros que serán as primeiras en voltar á pobreza severa se o contexto apuntará cara unha unha nova crise económica.

Xa son reiteradas as seguintes afirmacións recollidas nos espazos de participacións das personas en pobreza: é imprescindible avanzar en políticas sociais que fuxan do asistencialismo e a aporofobia e que aposten por sistemas de garantía de rendas (tendo como base a RISGA) con recursos orzamentarios, drástica simplificación burocrática e urxencia na súa tramitación. Sobre todo nas familias con nenas, nenos ou calquera outra persoa dependente e especialmente nas chamadas monoparentais, nas que un adulto, nun 80 % dos casos unha muller, está ao cargo.

Sen vivenda nin emprego non hai miragres na política social

Non abonda. As políticas sociais non poden facer miragres se non se afronta dunha vez a emerxencia da necesidade dunha vivenda digna e accesible como primeira prioridade para calquera proceso de inclusión social, comezando por erradicar a infravivenda e o chabolismo.

Ou se non se aplican accións integrais e continuadas de apoio e fomento do emprego non precario adaptadas as necesidades do mercado laboral, substituíndo a infinidade de medidas dispersas de escaso impacto actualmente existentes.

Presentación da campaña estatal #ContrAporofobia Santiago de Compostela 27 de xuño de 2019

Non ceder ante a política da burocratización extrema, o insulto e a aporofobia

Somos persoas, non expedientes” se di nos nosos encontros de Participación. Non podemos consentir que os papeis e os mostradores sexan máis importantes que as persoas. Temos un inmenso e urxente reto nas administracions públicas autonómica e municipal: loitar contra unha crecente e asfixiante burocracia que non so está ralentizando notablemente as nosas organizacións senon que sobre todo está a perxudicar seriamente as persoas en exclusión social.

Nos últimos meses temos asistido a un lamentable espectáculo político de fomento do discurso do odio, en especial cara as persoas en pobreza. A gravidade da situación motivou que en xuño no XIII Encontro estatal de Participación lanzaramos dende Santiago de Compostela e para toda España a campaña estatal #ContrAporofobia: Aporofobia, rumores y estereotipos invisibles en la inserción.

Temos un exemplo digno de orgullo na loita contra a aporofobia e de aposta pola tolerancia e o respeto na Declaración Institucional que o noso Parlamento aprobou por unanimidade hai dous anos. Unha declaración que o presidente do Parlamento ten extendido como referente ao resto de parlamentos autonómicos, Congreso e Senado.

En Galicia podemos dicir con orgullo que as forzas políticas empeñadas en rendabilizar u odio as persoas que mais sofren, non teñen cabida. E dende as organizacións de acción social e de cooperación queremos seguir contando con deputadas e deputados como as que asumiron a declaración institucional.

Dende EAPN Galicia e no nome das persoas que participan nas nosas entidades membro lles pedimos que sigan se ceder ante a política do insulto e o odio as persoas más vulnerables, as vítimas da aporofobia, xenofobia, racismo ou a violencia machista.

A Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, interviu achegando a súa visión como a principal gardadora dos dereitos e liberdades das persoas residentes en Galicia, fronte ás institucións públicas, facendo fincape no seu compromiso na loita contra a pobreza e referíndose á Declaración Institucional contra o odio e a intolerancia ás persoas en porbreza ou exclusión.

Como clausura fíxose unha lectura de dita Declaración Institucional contra o odio e a intolerancia ás personas en pobreza ou exclusión, que foi leída por Uxia Batán, Iago Aperador e Lara Rives. Dita declaración representa o compromiso dos grupos políticos na loita contra a pobreza extrema e a súa transmisión interxeracional e advirte da crecente evolución dos prexuízos, estereotipos e intolerancia cara as persoas en situación de pobreza ou exclusión.

Similar articles

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies