Comparte!

ELECCIONS 25S

AS PERSOAS PRIMEIRO

#PobrezaGalicia

Compromiso, Coordinación, Causas e Diálogo Civil contra a pobreza e pola Inclusión Social

Logo campaña C horizontalAs palabras non son suficientes. Nas vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia, xa non abondan as boas intencións, as promesas etéreas ou botarse a culpa entre administracións. Tampouco é admisible abusar da boa fe das persoas e da súa solidariedade para evitar responsabilidades políticas.

No que debe ser unha política de estado, son imprescindibles compromisos firmes e resultados urxentes na mellora da calidade de vida das case 700.000 persoas que en Galicia están en risco de pobreza ou exclusión social e en especial das 115.000 que peor o están a pasar con carencias materiais severas.

Porque o importante son as persoas. Comprométese, candidat@?

Por qué #PobrezaGalicia?Comprométense coas persoas?A quen votarA Galicia que importaPrecisamos da túa axuda

Cando se van enterar de que o importante son as persoas br-1

Nin o crecemento económico nin a mera creación de emprego abondan para reducir a pobreza e a exclusión social. Non hai día en que as persoas profesionais ou voluntarias das organizacións de acción social, nos concellos ou na Xunta de Galicia deixen de comprobar esta emerxencia na que a un de cada catro cidadáns galegos se lles nega o seu dereito a unha vida digna e a unha auténtica inclusión social e laboral.

Máis de trece millóns de persoas,un 28,6% da poboación española, estaban no 2015 en risco de pobreza ou exclusión social. En Galicia estamos algo mellor, pero non temos moitas razóns para o optimismo: case 700.000 persoas, o 25,7% da poboación. Especialmente preocupante para quen peor o está pasando: as 115.000 persoas que están en situación de privación material severa.

Evol AROPE España Galicia 2005 a 2015 bonito

Estes datos non deben ocultar aspectos positivos, entre os que destaca o esforzo e a solidariedade da poboación galega. Co seu tempo e cos seus cartos, dentro das súas familias ou coa súa veciñanza e cun recoñecemento imprescindible as nosas persoas maiores, auténticas responsables de que Galicia estea en mellor situación que no conxunto do estado.

Tamén debemos recoñecer o relativo aumento orzamentario da Xunta de Galicia nalgunhas partidas como as de Inclusión social, a mellora na planificación a medio e longo prazo ou na coordinación entre administracións e con organizacións de acción social ou a vontade de dialogo.

Pero non abonda

A elevada pobreza e desigualdade reflicten un fracaso do sistema de servizos sociais do conxunto do estado que obedece a tres causas principais: un escaso compromiso político en orzamentos e planificación a medio e longo prazo, unha falla rotunda da coordinación entre as administracións implicadas e o dialogo civil coas organizacións sen ánimo de lucro especializadas e un enfoque asistencialista dirixido a paliar a emerxencia pero non a solucionar as causas da pobreza e a exclusión.

Queremos pedirlle a todas as candidaturas nas vindeiras Eleccións ao Parlamento Galego que se comprometan coas persoas loitando contra estas causas e asumindo as propostas que facemos dende as 128 organizacións membro de EAPN Galicia

Somos persoas non expedientes br

Máis información:

As organizacións membro da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia) facemos nosas as demandas realizadas polas persoas en risco de pobreza ou exclusión e propoñemos a todas as candidaturas as vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia que incorporen no seu programa electoral e xa que logo se comprometan a implantar de chegaren ao goberno da Xunta de Galicia os seguintes principios e medidas:

  • Contra as Causas da pobreza. Asegurando a igualdade de dereitos para todas as persoas e a inclusión social activa.
  • Compromiso en orzamentos e planificación a medio e longo prazo.
  • Coordinación política e técnica entre as administracións e coas organizacións especializadas.
  • Dialogo Civil. Recoñecemento lexislativo e marco estable de financiamento do Terceiro Sector de Acción Social como alicerce do sistema público de servizos sociais.

  1. Redución nun 50 % as persoas que se atopan en situación de Privación Material Severa. Nun 15 % as que se atopan en situación ou risco de pobreza e exclusión.
  2. Igualdade de dereitos para todas as persoas

Cara unha Renda de Garantía de Ingresos . Acadar o mesmo porcentaxe de persoas perceptoras da RISGA que Asturias (14,5 por cada 1000 habitantes).

Garantir o dereito a unha vivenda digna. Erradicación do chabolismo e a infravivenda. Estratexia Integral para Persoas Sen Fogar

Asegurar a universalidade da Sanidade e a Educación Inclusiva

Eliminar o “limbo da dependencia”.

Plan urxente de Accesibilidade universal

Non admitir diferenzas entre “pobreza de aquí e de alá”. 0,2% orzamentos a Cooperación para o desenvolvemento.

Derecho vivienda digna jaja

  1. Apoio específico á infancia e mocidade. Como colectivos mais afectados por pobreza e exclusión social e como remedio contra transmisión interxeneracional da pobreza e o declive demográfico. Plan específico de apoio a familias monoparentais e monomarentais. Reforma intensa do Sistema de Garantía Xuvenil. Plan de incentivos para o retorno de poboación xuvenil emigrada
  2. Por un emprego digno. Estratexia de Formación e Inclusión Laboral das persoas con maiores dificultades de empregabilidade. Aumento de 10 puntos da taxa de actividade. Primar o emprego con apoio. Ampliar ao 7% a reserva de mercado da Xunta de Galicia para empresas de inserción e centros especiais de emprego.
  3. Erradicar o curtopracismo da acción política. Xeneralizar a planificación e actuacións a medio e longo prazo e a estabilidade orzamentaria: Implantación Estratexia Inclusion Social 2014-2020. Resolución de todas as convocatorias no primeiro cuatrimestre do ano. Convocatorias, convenios e contratos plurianuais.
  4. “Somos persoas, non expedientes”. Unha Inclusión Activa e non asistencialista, que cumpra coa lexislación vixente e asegure que cada unha das 115.000 persoas en situación de Privación Material Severa dispón, no prazo máximo de 10 días hábiles, dunha profesional única de referencia.

  1. Asegurar a máxima coordinación e corresponsabilidade política e técnica na loita contra a pobreza e a exclusión. Crear vicepresidencia que asegure coordinación entre todas aquelas areas con implicación en servizos sociais.
  2. Fomento do dialogo civil e aprobación da Lei do Terceiro Sector Social de Galicia. Que promova medidas de fortalecemento de organizacións e redes; impulse a súa cooperación, entre si e co sector público e as empresas, e promova a súa participación e contribución no ámbito da intervención social en xeral
  3. Erradicar a procura do lucro na loita contra a pobreza e a exclusión. Implantación de cláusulas sociais na contratación pública. Fórmulas estables de financiamento das entidades non lucrativas do Terceiro Sector de Acción Social.
  4. Fomentar a Transparencia e a Rendición de contas. Comisión parlamentaria específica. Publicar mediante criterios “open data”, detalle de execución orzamentaria do exercicio anterior ao máximo nivel de detalle. Difusión inmediata tras resolución de proxectos subvencionados e non subvencionados en cada convocatoria pública

MAIS INFORMACIÓN

FICHA As persoas primeiro jpg

Cando os publiquen, aquí teras acceso aos programas electorais das principais candidaturas, así como información sobre en qué medida recollen as demandas de EAPN Galicia.

pp galicia
psdg
enmarea logo

logo bng candidatura
LOGO-TV
cxglogo

CONCEPTO

2012

Hoxe

Ano Dato

Fonte/Observacións

España

Poboación 2765747 2725160
2015
INE 46.407.166
Pobreza
RENDA anual neta media por persoa 10.266 € 10.212 €
2015
INE. Encuesta Condiciones Vida 10.419 €
Poboación en RISCO POBREZA OU EXCLUSIÓN (AROPE) % 23,80 25,70
2015
INE. Encuesta Condiciones Vida 28,60
Poboación en RISCO POBREZA OU EXCLUSIÓN (AROPE) Persoas 658.248 700.366
2015
INE. Encuesta Condiciones Vida 13.272.449
Poboación en RISCO POBREZA % 18,30 19,40
2015
INE. Encuesta Condiciones Vida 22,10
Poboación en RISCO POBREZA. Persoas 506.132 528.681
2015
INE. Encuesta Condiciones Vida 10.255.984
Poboación con CARENCIA MATERIAL SEVERA % 4,10 4,20
2015
INE. Encuesta Condiciones Vida 6,40
Poboación con CARENCIA MATERIAL SEVERA Persoas 113.396 114.457
2015
INE. Encuesta Condiciones Vida 2.970.059
Poboación vivindo en fogares con BAIXA INTENSIDADE LABORAL. % 14,70 13,80
2015
INE. Encuesta Condiciones Vida 15,40
Poboación vivindo en fogares con BAIXA INTENSIDADE LABORAL. Persoas 406.565 376.072
2015
INE. Encuesta Condiciones Vida 7.146.704
Taxa de Risco Pobreza (40% mediana) % 6,02 5,76
2014
IGE Enquisa estrutural a fogares . Persoas que perciben menos do 40% da Renda Mediana
Taxa de Risco Pobreza (40% mediana) Persoas 166.498 156.969
2014
IGE Enquisa estrutural a fogares . Persoas que perciben menos do 40% da Renda Mediana
Poboación en POBREZA SEVERA % (Ingresos inferiores a 330 €/mes) 3,5
2014
Estado de Pobreza. Informe EAPN España 2015. Persoas que perciben menos do 30% da Renda Mediana 6,8
Poboación en POBREZA SEVERA Persoas (Ingresos inferiores a 330 €/mes) 96.663
2014
Estado de Pobreza. Informe EAPN España 2015. Persoas que perciben menos do 30% da Renda Mediana 3.202.168

DESIGUALDADE

Índice de Gini 0,276 0,283
2014
IGE. Enquisa estrutural a fogares. Canto mais cerca de 1 mais desigualdade 0,347
Poboación en RISCO POBREZA Antes de transferencias sociais % 35,80 35,91
2014
IGE. Pobreza sen prestacións contributivas e non contributivas e subsidios por desemprego 31,00
Poboación en RISCO POBREZA. Antes de transferencias Sociais. Persoas 990.137 978.605
2014
IGE. Pobreza sen prestacións contributivas e non contributivas e subsidios por desemprego 14.386.221

INVESTIMENTO SOCIAL

PROTECCION E PROMOCIÓN SOCIAL. Xunta de Galicia. ORZAMENTO CONSOLIDADO (mill €) 951.766 € 858.695 €
2016
CES Galicia Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2012 (Pax.82) e 2015 (Pax.85) Inclúe Acción Social, Promoción do Emprego e Cooperación ao Desenvolvemento
ORZAMENTO SOCIAL Xunta de Galicia /habitante 344,13 315,10
2016
CES Galicia Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2012 (Pax.82) e 2015 (Pax.85) Inclúe Acción Social, Promoción do Emprego e Cooperación ao Desenvolvemento
Indice DEC Desarrollo Servicios Sociais 5,10 2,60
2015
Informe Asociación Directores y Gerentes de Servicios Sociales. (Pax.146 a 159)
INVESTIMENTO REAL en Servizos Sociais Admons Públicas Galicia. Habitante/ano 264,98 252,99
2014
Informe Asociación Directores y Gerentes de Servicios Sociales. (Pax.146) / Ministerio Hacienda. 309,28
AXUDA OFICIAL AO DESENVOLVEMENTO (AOD) executada Xunta de Galicia (mill. €) 6.722 € 4.611 €
2015
Coordinadora Galega ONGD/Xunta de Galicia 1.446.000 €
AOD executada sobre orzamento consolidado Xunta de Galicia. % 0,07% 0,05%
2015
Coordinadora Galega ONGD/Xunta de Galicia 0,13%

EMPREGO

Taxa de actividade. % 55,01 53,50
2016
EPA. 2ºTrimestre, tanto do ano 2012 coma do 2016 59,41
Taxa de ocupación. % 43,49 44,01
2016
EPA. 2ºTrimestre, tanto do ano 2012 coma do 2016 47,53
Taxa desemprego. % 20,93 17,74
2016
EPA. 2ºTrimestre, tanto do ano 2012 coma do 2016 20,00
Persoas Desempregadas 275.900 222.900
2016
EPA. 2ºTrimestre, tanto do ano 2012 coma do 2016 4.574.700
Taxa de DESEMPREGO XUVENIL (menores de 25 anos) % 45,02 43,66
2016
EPA. 2ºTrimestre, tanto do ano 2012 coma do 2016 46,48
Taxa de temporalidade (%) 22,10 25,80
2016
EPA. 2ºTrimestre, tanto do ano 2012 coma do 2016 25,70
PARO LONGA DURACIÓN ( + 2 anos de desemprego). % 27,90 44,00
2016
EPA. 2ºTrimestre, tanto do ano 2012 coma do 2016 42,80
PARO LONGA DURACIÓN ( + 2 anos de desemprego). Persoas 76.800 98.100
2016
EPA. 2ºTrimestre, tanto do ano 2012 coma do 2016 1.959.600

COBERTURA SOCIAL

LIMBO DEPENDENCIA (Persoas con dereito a prestación que ainda non a perciben) % 40,4 31,1
2016
Informes SAAD-Ministerio Sanidad, SS e Igualdade (Agosto 2012 e xullo 2016 ) e Observatorio Estatal Dependencia 31,0%
LIMBO DEPENDENCIA (Persoas con dereito a prestación que ainda non a perciben) Persoas 25147 20278
2016
Informes SAAD-Ministerio Sanidad, SS e Igualdade (Agosto 2012 e xullo 2016 ) e Observatorio Estatal Dependencia 375.601
PERSOAS DEPENDENTES con prestación 37048 44965
2016
Informes SAAD-Ministerio Sanidad, SS e Igualdade (Agosto 2012 e xullo 2016 ) e Observatorio Estatal Dependencia 837.321
RISGA. Solicitudes desestimadas. % 31,4 26,6
2015
Informe Aplicación Lei de Inclusión Social de Galicia. Consellería Política Social. 2013 y 2015
RISGA. Solicitudes arquivadas. % 8,9 14,4
2015
Informe Aplicación Lei de Inclusión Social de Galicia. Consellería Política Social
RISGA. Tempo medio de resolución (Días) 169 175
2015
Informe Aplicación Lei de Inclusión Social de Galicia. Consellería Política Social
RISGA. Persoas beneficiarias 8747 14.684
2015
Informe Aplicación Lei de Inclusión Social de Galicia. Consellería Política Social
Cobertura RISGA (nº de beneficiarios por cada 1000 habitantes) 3,10 4,39
2014
Informes Rentas Minimas. Ministerio de Sanidad, Servicioss sociales e igualdad 5,65

TRANSPARENCIA

Indice Transparencia (máximo 100) 90 94
2014
Índice Transparencia Comunidades Autónomas. Transparencia Internacional 88,6

O que debes saber sobre a pobreza en Galicia 2016 (pdf)


FICHA Pobreza en Galicia 1 2016 jpgFICHA Pobreza en Galicia 2 2016 jpg

A nosotros no nos excluye nadie

Damosche algunha idea para comezar, pero a imaxinación é túa:

  • Diríxete a partidos e candidatos. Envíalles un e-mail ou mesmo unha carta.
  • Pregunta ou infórmalles directamente. Podes facelo por Facebook, Twitter, dende o teu blog ou coas redes sociais que queiras. Usa a etiqueta #PobrezaGalicia (verás que non estás soa).
  • O teu móvil é un medio de comunicación. Comparte o teu selfie coa etiqueta #PobrezaGalicia ou facendo unha C coa man en fotos e vídeos dicindo o que che preocupa ou che indigna en xeral ou no teu concello. Ou tamén do que che ilusiona e cres que merece ser difundido.
  • Nas entrevistas ou debates electorais chama, tuitea, comenta para asegurar que se fala da pobreza e exclusión en Galicia.
  • Consulta e difunde os datos de pobreza ou exclusión en Galicia e no teu concello. Pregunta como se coordina coa Xunta.
  • Colabora coas ONG que traballan coas persoas en pobreza e risco de exclusión e difunde as súas demandas. Neste mapa tes as 128 que formamos EAPN, e aquí as que as que integran a Coordinadora Galega de ONGD.
  • Se xa colaboras ou traballas nalgunha entidade social, fai rede con outras ONG. Difunde a campaña, organiza algunha xornada ou debate entre candidaturas para falar da pobreza e a exclusión no teu concello, implica aos medios de comunicación….
  • Se militas nalgunha forza política ou es candidata/o: difunde o documento,envíallo aos teus compañeiros de partido noutros concellos e pídelles que creen debate sobre as propostas para loitar contra a pobreza ou a exclusión.

Faino sempre mantendo un dos principios democráticos imprescindibles que defendemos día a día nas organizacións que formamos EAPN Galicia: propostas en positivo e co máximo respeto, especialmente con quen esteamos máis en desacordo.

As persoas primeiro

#PobrezaGalicia

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies