Comparte!

III FORO SOBRE POBREZA, EXCLUSIÓN SOCIAL, TERCEIRO SECTOR E VOLUNTARIADO

“Un investimento, non un gasto” III Foro sobre pobreza e exclusion socialEste III Foro pretende continuar o traballo das anteriores edicións e contribuir a situa-la realidade da pobreza e a exclusión social en Galicia no primeiro plano da axenda política e mediática e visibiliza-la importancia que o Terceiro Sector de Acción Social e o Voluntariado teñen na implantación de políticas de inclusión social. No Foro búscase tanto ampliar o coñecemento dos asistentes en base a conferencias marco, favorecer o debate en positivo de propostas que melloren a actuación en procesos de inclusión social e dar a coñecer experiencias de éxito. Ante o avance da desigualdade e a exclusión, preténdese tratar o concepto de pobreza eliminando fronteiras, ainda que o groso sexa para analizar a realidade galega ou española.O Foro non pretende ser un encontro pechado a EAPN Galicia, senón que ten vocación de abrirse a entidades representativas do Terceiro Sector galego e a organizacións e institucións significativas. A coorganización coa Coordinadora Galega de ONGD ou o CERMI Galicia e a participación de expertos de entidades sociais, colexios e asociacións profesionais, Universidade, ou de representantes da Xunta de Galicia no eido dos servizos sociais e a inclusión activa, así o demostran. O Foro terá tres areas. Unha primeira centrarase en analizar a situación do Terceiro Sector como actor social cara dentro e cara fora, analizando os problemas e retos que nos afectan, a urxencia de resolvelos e a xeración de propostas útiles. A segunda fase titúlase “Hai alternativas”, tanto no eido de organización interna, nas posibilidades de crear empresas dende organizacións sociais, e nas alternativas para outra economía. Ao cabo, o venres pola mañan, debatiranse os retos que temos todos os actores implicados na loita pola inclusión social, máxime cando está a punto de aprobarse a nova e recoñecida Lei de Inclusión: as medidas de emerxencia como medio e non como fin, o avance do asistencialismo ou o papel das organizacións do Terceiro Sector na prestación de servizos públicos. O proceso de inscrición xa está aberto. O custe xeral da matrícula é de 15€. Estudantes ou personas en situación de desemprego 10€ Gratis para persoas voluntarias ou profesionais das entidades membro de EAPN Galicia, CERMI ou Coordinadora ONGD. A transferencia polo importe da matrícula realizarase na seguinte número de conta: 2080 0300 81 3040148710 Unha vez realizada, pódese facer a inscrición neste enlace: Para calquera dúbida, escribir a info@eapn-galicia.com

DOCUMENTACIÓN
Programa
Resumo estudo Quen Somos. EAPN Galicia

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies