I AGORA TERCEIRO SECTOR E VOLUNTARIADO Outubro 2014
Innovando e sumando esforzos contra a pobreza e a exclusión social
No marco do IV Foro sobre Pobreza, Exclusión Social Terceiro Sector e Voluntariado, pretendemos crear un espazo no que de xeito áxil, se poida por en contacto a todas as persoas interesadas con iniciativas innovadores e boas prácticas que en Galicia xa existen na loita contra a pobreza e a exclusión social e pola inclusión activa e a economía social. Sempre co enfoque de que poidan ser replicadas ou significar unha mellora para persoas e entidades na súa loita contra a pobreza e a exclusión social, para aforrar esforzos e para ampliar o traballo en rede.
Como Funciona?
Nunha sala haberá tantas mesas como iniciativas a expor. Escolle a que mais te guste. Cada unha das iniciativas preséntase a grupos de como máximo 9 persoas nun tempo non superior a 15 minutos entre exposición e preguntas: 6 minutos para presentar a iniciativa e 9 minutos para preguntas, tratando que sexa só unha por persoa e de curta duración, para que poidan falar todas.
Trátase de entender a experiencia, non tanto de afondar na mesma neste intre. Se te interesa, intercambia co poñente os teus datos de contacto e concerta unha cita posterior.
Na I Agora habérá organizacións sen ánimo de lucro ou empresas de economía social que cumpren os seguintes requisitos:
- Favorece a loita contra a pobreza ou a exclusión social
- Estar vixentes, en execución ou a 2 anos vista.
- Non ter ánimo de lucro
- A clave da Agora é xerar empatía. Non se trata de contar o bo que son ou un rollo sobre o meu proxecto e xa. Pensar nos interlocutores: que foi exitoso para min que pode ser para ti, porque mellora o traballo en rede, á túa entidade ou á defensa dos dereitos das persoas, etc.
- Proxectos innovadores polo que fan ou polo xeito no que o fan.
As persoas ponentes comprométense previamente a ser disciplinados para cumplir os 6 minutos da súa exposición, ensaiandoa previamente.
DOCUMENTACIÓN
INICIATIVAS QUE SE EXPOÑEN
3 Cogami
4 Fundación Secretariado Xitano
7 AGASOL
10 IGAXES
11 ADICAE. Consumidores críticos, responsables e solidarios
1 Comentario
¿Democracia con transparencia o desigualdad y corrupción? | No me pidan calma